E chegou a data sinalada, Mércores 12 de Marzo. Levábamos moito tempo esperando esta visita. Marina tiña moitas ganas de que fóramos, pero penso que nós aínda tíñamos máis.
Marina chegou á hora fixada, e despois dos bicos e abrazos (esta muller faise querer e de que xeito!!) fumos comer. A comida e a conversa tan agradable fixeron que o tempo pasara boando. Rematamos cun café de pota magnífico e saímos para o cole.
No IES de Arzúa a biblioteca escolar está moi presente. Nada máis entrar, os carteis que nos dirixen a ela enchen as paredes. No noso camiño cara á biblioteca pasamos diante da Sala de Profesorado onde fixemos a nosa primeira parada. Ali coñecimos a Catalina unha das principais protagonistas da dinamización desta biblioteca. Casualmente estaba sentada nun dos puntos de lectura que hai espallados polo instituto. (Xa vos contamos que a biblioteca faise ver por todo o centro!!) Este é moi especial, e a decir polas artífices de tal marabilla, ademais de ser moi frecuentado polos profes, os libros que alí expoñen son moi solicitados por este grupo de usuarios. (Xa tomamos boa nota e pensamos poñelo en práctica, será unha das nosas novidades do vindeiro curso!!). Tamén coñecimos a Oki. Cantas gañas tiñamos de poñer cara a esta fenomenal blogueira!!
E continuamos o noso camiño.
Vaia entrada máis espectacular ten esta biblioteca!! Á súa porta atopamos unha zona de informática e diferentes exposicións coas novidades e suxestións de lectura, cine e música. Realmente se respira o aire da biblioteca por todas partes.
Entramos na Biblioteca e Marina ensinounos todos e cada un dos seus recunchos e detalles. A zona de rexistro e a de informática, fantásticas, o libro do mes, nesta ocasión é Persépolis, un dos cómics de culto, a caixa das suxestións, a zona da audiovisuais e a Sala Mondrián da que xa nos fixera chegar varias fotos a través de BiblioArzúa. Pero aquí non acaba todo, esta biblioteca tamén ten un pequeno almacén e incluso un baño. Vamos, que non lle falta detalle algún. Unha biblioteca onde a cor é unha das súas características predominantes, pero sobre todo o que máis se respira alí é a paixón que estas tres mulleres poñen no traballo que fan.
Parabéns Marina polo bo facer e por conseguir da vosa biblioteca escolar, esa biblioteca que ti sintes como algo teu, un verdadeiro punto de encontro!!!
E chegou a hora de írmonos, pero non sen antes asinar no seu Libro de Ouro. Meu Deus, que honor!!
Máis non nos podíamos marchar de Arzúa sen admirar a outra paixón da nosa anfitriona. As súas plantas e xardíns. Realmente preciosos!
Marina, foi un verdadeiro placer compartir este día contigo. Ata sempre e por sempre!!!
*Se queredes ler os pés das fotos, só tedes que picar no "bocadillo" do lateral inferior esquerdo.
Outros Roteiros
Tamén nos outros GBI Blogues
4 comentarios:
Acabo de chegar a biblioteca e o primeiro que fixen foi unha ruta polos blogues e cando atopei esta entrada quedei alucinada, pois eu non creía que puidese soar tan ben unha biblioteca, grazas polas palabras de alento, (que parece que somos xeniais... e ¡queda tanto por facer!), pero sobre todo grazas pola visita, estiven encantada de ser a vosa anfitriona, e sobre todo grazas polos amigos, que deus reparta deso que fan moita falta, e non saen debaixo das pedras.
Bicos e o meu corazón sempre voso por sempre xamais (¡Como soa esto!). Grazas a vos e o PLAMBE, que me fixo ver unha nova forma de enfrontarse a vida é non só o ensino.
MARINA
Que bonita quedou a biblio nas vosas fotos...
A verdade é que en momentos como estes unha dase conta de canto fixo esa muller por ela. Porque aproveito para felicitar á miña xefa de biblio por todo o magnífico traballo que está a facer nela. Porque si que é un traballo recoñecido (polo menos por moita xente, senon por todos, que iso é imposible, Mariniña...
Así que felicidades Marina, que mira que as traballaches...
E felicidades a todos vos, PLAMBE, que facedes cousas tan boas... (Case tanto como as que fai Marina na nosa biblio... jajajaja)
Oki a vosa biblio non quedou bonita nas fotos, a vosa biblio "é bonita" pois é unha biblioteca moi viva, que se respira por todos os recunchos do voso instituto e que vós, as tres, facedes dela un lugar marabilloso pola paixón que lle poñedes.
Realmente tedes unha biblioteca que reflicte a alma desa fantástica muller que tedes ao seu timón.
Parabéns Marina!!
Eu non sei que faría sen ti, tanta vitalidade compartida supón un precioso regalo para min. Está claro que non todo se compra con cartos, ti demostrasmo todos os días.
Publicar un comentario