Amosando publicacións coa etiqueta Agustín Fernández Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Agustín Fernández Paz. Amosar todas as publicacións

martes, 24 de febreiro de 2015

"Os fuxidos de Ferrolterra"

Esta mañá, e como peche das actividades que dende o pasado mes de xaneiro se desenvolveron no Segrel  arredor da Paz e a Non Violencia, recibimos a visita do historiador e escritor Bernardo Maiz.

A partir do documental "Xan de Xenaro. Memoria de 32 anos", que recrea un pequeno anaco do noso pasado a través da figura deste guerrilleiro veciño de Limodre (Fene), Bernando falounos da ditadura, da guerra "incivil" e dos homes e mulleres que formaron parte da oposición armada contra o franquismo na comarca de ferrolterra, facendo especial fincapé no papel fundamental das mulleres, mulleres silenciadas como Enriqueta Otero Blanco, María Blázquez, Fina Gallego Silva, e tantas outras...

Un documental con guión do noso querido e admirado Agustín Fernández Paz e do historiador Bernardo Maiz.

Outros Documentais: 


xoves, 27 de febreiro de 2014

Encontro con Victor Moreno no Segrel

O luns, 24 de febreiro, o profesorado que dinamiza a biblioteca do Segrel, acompañado por compañeiros  e amigos de outras bibliotecas escolares de Ferrolterra tivo o pracer de disfrutar do Encontro con Victor Moreno, un dos grandes dentro e fóra do noso pais cando se fala de escritura, lectura e literatura. O que nun principio ían ser dúas horas convertíronse en catro e aínda así quedaron curtas...

Victor comezou léndonos o conto "El unicornio en el jardín" de James Thurber, tal e como sempre facía nas súas clases. Cada día comezaba coa lectura dun conto, ou dun poema, co que ao remate de cada curso eran máis de 170 contos e poemas os que tiñan lidos. Que non é pouco!! Contounos unha divertida anécdota cun grupo de alumnos despois de ler os poemas de Spoon River de Edgar Lee Masters e deixou ben claro que a responsabilidade da competencia textual do noso alumnado é de todo o profesorado, non so dos departamentos de lingua, e que para iso está aí o "Proxecto Lector de Centro". E a partír de aí levounos paso a paso cara ao "Desenvolvemento da competencia escrita". 

Ao longo da tarde podemos descobrir o Victor provocador, irónico, cun enorme sentido do humor e sempre apaixoado da que foi a súa profesión. E claro, houbo tempo para falar do Informe Pisa, da súa experiencia como crítico literario e de poder disfrutar da súa experiencia e bo facer. Todo un pracer!!

Encontro Victor Moreno
Clicar na Imaxe para ir ao Álbum do Encontro



Publicacións na serie Blitz do Goberno de Navarra

domingo, 2 de xuño de 2013

VI Xornadas de Clubs de Lectura

O venres 31 de maio, os coordinadores e coordinadoras dos 222 Clubs de Lectura dos centros de Secundaria Públicos de Galicia fomos convocados aos VI Xornadas de Clubs de lectura celebrados en
Santiago de Compostela.


A xornada comezou dun xeito inmellorable, Gemma Lluch, profesora da Universidade de Valencia e membro do grupo de investigación ERI Lectura, falounos de libros e lectura e dos criterios de selección para adolescentes. E durante a súa presentación, nas lecturas escollidas como exemplo entre as bibliotecas do Plambe, alí estaban as Suxestións de Nadal do Segrel,  un pequeno detalle que nos fixo especial ilusión.

"Nos clubs de lectura apréndese a argumentar, a debater, a usar fórmulas de cortesía... se forman lectores críticos."

"A lectura é o centro da vida. Vai ligada á vida e muda con ela. É un marco para compartir, que nos axuda a crecer como persoa e como cidadano"

Recomendación: "Yo las quería"  de Carmen Solé

Despois da pausa para o café, chegou a mesa de Experiencias onde os representantes de catro centros das catro provincias galegas, Begoña Valdés, Delio Chao a quen xa coñecemos dende hai anos polo seu bo facer, Julio Abalde e Almudena Platero, contáronnos a súa experiencia nos Clubs.

A mañá rematou con Xosé R. Lois que nos presentou RedeLibros e nos falou de distintas Redes Sociais que están ao servizo da lectura.

Tras o xantar organizaron uns encontros por eixos temánticos, nós fumos a "Recursos dixitais e medios audiovisuais ao servizo da lectura" que presentou Nine Paz, Falounos da iniciativa questasleyendo.org os encontros virtuais a través de Skype, elaboración de videos presentación co Movie Maker, etc, etc. fantástico traballo e moi interesante o debate posterior. 

A xornada rematou con Marcos Calveiro "Ler, escribir, amar", que nos falou da formación lectora, un proceso que comeza na casa dende ben pequenos, unha formación que ten que ver con todo tipo de lecturas en todo tipo de soportes. Expuxo a metáfora dos "libros potito e os libros chuletón", e resaltou a importancia da oralidade e dos "libros Matrioska", libros que levan a outros libos, do que é un magnífico exemplo Agustín Fernández Paz

"Nós crecemos e maduramos a través dos relatos dos demais"

E como fin de festa quen mellor que Cándido Pazó que nos fixo reir a todos a gargalladas co conto "O burro na biblioteca". Extraordinario!!

martes, 29 de xaneiro de 2013

Agustín Fernández Paz Doutor Honoris Causa Universidade Vigo


Onte, día 28, Agustín Fernández Paz, un dos grandes das nosas letras, foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. Un nomeamento no que se ve recoñecido non so o seu papel no eido da Literatura Infantil e Xuvenil senón como loitador pola nosa cultura e a nosa lingua como podemos comprobar, non sen emocionarnos, cando lemos o seu discurso de investidura que aquí vos achegamos .


Vía

Dende O Segrel, en nome de todos os membros da nosa comunidade educativa, queremos achegar os nosos parabéns por tan merecidísimo recoñecemento ao noso benquerido e admirado Agustín.

luns, 23 de abril de 2012

23 de Abril: Día do Libro II

Con motivo do Día do Libro, Agustín Fernández Paz un dos escritores galegos máis coñecido e recoñecido, ven de agasallar ás Bibliotecas Escolares Galegas con este fermoso texto que nos chega a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares e que queremos compartir con todos e todas vós.


xoves, 17 de xuño de 2010

A Frase do Mes



"[...] Coma o comer, como beber auga, velaí a mellor loanza da lectura. Todas as persoas necesitamos de historias, de soños, de palabras. Para entender o mundo e para entendérmonos. Para vivir outras vidas, para loar todo o que a existencia nos dá. Pois os libros conteñen os soños, as paixóns, os medos, as risas: neles están a imaxinación, os sentimentos e experiencias das persoas, das que viven agora en calquera lugar do mundo e das que desapareceron hai moitos anos.

As historias, os libros: eis o fío verdadeiro que nos une a todas as persoas do planeta."


Oito Odas para San Simón

Agustín Fernández Paz


martes, 2 de marzo de 2010

A Frase do Mes



"Máis o libro tampouco estaba alí. Non sabía como se perdera, non lembraba terllo prestado a ninguén, nunca deixaba libros tan persoais como aquel. Pero tiña que aceptalo, resignarse a mercar unha edición nova, aínda sabendo que nunca sería o mesmo, pois os libros que amamos levan tamén a memoria de nós e dos nosos soños entre as súas páxinas
"

domingo, 7 de xuño de 2009

Discurso de Agustín Fernández Paz

Hoxe, e a través de Twitter Brétemas, achegámosvos o discurso pronunciado polo noso benquerido e sempre admirado Agustín Fernández Paz con motivo da celebración dos XXVI Premios Xerais, o pasado 6 de xuño.

Sobran as nosas palabras, ledeo e emocionádevos coma nós.

Grazas mil Agustín!!




Actualizado o martes 9 de xuño: "Agustín lendo o seu discurso en Radio Barullo"

venres, 24 de outubro de 2008

24 de Outubro: Día da Biblioteca

Hoxe, 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca. Este ano, a celebración terá lugar en Santiago de Compostela. Durante este acto presentarase o cartel conmemorativo, obra de Xosé Cobas Gómez e lerá o pregón o recén galardoado Agustín Fernández Paz.



Fragmento do pregón:

ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ

(...) os libros posúen a insólita capacidade de revivir e reinventarse en cada nova lectura.

Todas as persoas necesitamos as historias, os soños, as palabras (...)

Sabemos que non poderíamos vivir sen o alento da imaxinación e a creatividade, sen as palabras que expresan a variedade e a beleza dos nosos desexos e os noso sentimentos.

Por todo iso, abramos os libros. Eles conteñen os soños, as paixóns, os medos, os amores, as risas. Nas súas páxinas habita a inmensa variedade de sentimentos e experiencias da humanidade, das persoas que viven agora en calquera lugar do mundo e das que desapareceron hai moitos anos. Os libros: ríos de palabras que se nos ofrecen con xenerosidade para axudarnos a parender o oficio de vivir, para cambiarnos a vida e implicármonos na transformación do mundo.

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!!

xoves, 23 de outubro de 2008

Agustín Fernández Paz: Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

Hoxe, a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares, coñecimos a marabillosa noticia da concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 a Agustín Fernández Paz pola súa novela "O único que queda é o amor"

O curso pasado disfrutamos da súa presenza no noso instituto, nun "Encontro" que en palabras dos alí presentes, alumnado e profesorado, será imposible de esquecer.

Agustín transmitiunos o seu amor polos libros, pola lectura, pola escritura...

E ao remate desa visita, asinounos moitos exemplares das súas obras, entre elas, como non, a nosa favorita "O único que queda é o amor".


Durante esa visita tamén estivo presente Radio Barullo. E que mellor ocasión que esta para probar unha nova ferramenta que nos achegou, como é habitual, o Capitán K.



(Vía ANB) Grazas Capitán!!

Obras de Agustín Fernández Paz nos fondos da nosa biblioteca.

Dende "O Segrel do Penedo", e en nome de todos os membros da nosa comunidade educativa, queremos amosar a nosa inmensa ledicia pola concesión deste merecidísimo premio ao noso querido e admirado Agustín Fernández Paz.

PARABENS!!!

sábado, 10 de maio de 2008

Agustín Fernández Paz no IES de Fene (II)

Agustín Fernández Paz - Obra



Se queres saber que obras de Agustín Fernández Paz hai nos fondos da nosa biblioteca preme na imaxe, e para ampliala só tes que entrar en "Options" e elixir "Single page mode"

E non deixes de entrar en Radio Barullo para disfrutar dalgúns dos momentos do seu paso polo noso Instituto.


Non queremos deixar de disfrutar da visita de tantos e tan bos amigos que pasan polo IES de Fene, e por iso hoxe inauguramos o noso Canal Youtube e a verdade é que non podíamos ter mellor padriño.

Que o disfrutedes coma nós!!!

venres, 9 de maio de 2008

Agustín Fernández Paz no IES de Fene

Hoxe, no IES de Fene, tivemos a enorme fortuna de poder disfrutar da presenza de Agustín Fernández Paz.

Esta mañá e durante hora e media, que nos soupo a ben pouco, reunímonos o alumnado de 2º e 3º de ESO, os membros do Club de Lectura e algúns profes, con este home extraordinario e que fixo a ledicia de todos e todas nós. Tamén tivemos unha “invitada especial” Antía, alumna de 2º de bacharelato, unha boa lectora e mellor escritora, e cuxo libro favorito, que recoñece saber case de memoria, é “Corredores de Sombra”. Como é lóxico, non quixemos que perdera a oportunidade de escoitar ao seu escritor favorito.

Agustín falounos do “chispazo”, de como xorden as ideas das que despois saen as historias, de cal é o proceso que el segue para escribir as súas novelas, dos 6 ou 7 borradores previos ao definitivo “Salvo aos xenios, e eu non o son, ás persoas normais as cousas non nos saen á primeira”. Ensinounos o seu borrador cero, esa marabillosa libreta amarela, unha xoia que nos permitiu non só ver, senón ler e fotografíar.

Este home tan cercano, afable, e fantástico contador de historias, engaiolounos a todos, e notouno nos nosos ollos, e así nolo fixo saber na súa despedida.

Como dixo Inma, profe de Ciencias, “Se alguén non tivera lido un dos seus libros, despois de escoitalo non deixaría de facelo. Vaia xeito de fomentar a lectura!”

E rematada a conversa algúns rapaces e profes achegámonos co noso libro favorito para que no lo asinara. Por suposto que tamén asinou no Libro de Ouro de O Segrel do Penedo.

Non podería haber xeito mellor de comezar a celebración do Mes das Letras.

Nuns días, e a través de Radio Barullo, poderedes disfrutar do video desta conversa con Agustín Fernández Paz.


Related Posts with Thumbnails