luns, 10 de marzo de 2008

Roteiro polas Bibliotecas Escolares (III)



Tras o magnífico xantar previo a calquera inspección do GBI (Grupo de Bibliotecas Interdisciplinar Intercentros), o pasado mes, os roteiros polas bibliotecas escolares galegas, compartiron unha tarde con Dona Carmen Loriga. Ademais de rendirlle admiración e pleitesía por aquel premio acadado hai xa varios anos (unha minucia de nada de 36.000 euros) e que a ela non lle gusta que llo lembremos, ademais de discutir de problemas varios dos centros, inspeccionamos a fondo a BIBLIOTECA UXÍO NOVONEYRA do IES ÁNXEL CASAL da Coruña.

Unha biblioteca pode ser vista con moitos ollos. Cos ollos materialistas, e, entón, diríamos “que biblioteca tan fantástica” (ou mellor dito “isto é unha biblioteca!”). Cos ollos informáticos, para dicir “un equipamento insuperable!”. Con ollos documentais: “que fondo tan completo, equilibrado e variado!”. Mais cos ollos docentes só podemos dicir “que bibliotecaria tan magnífica!”.

Todos e todas sabemos a importancia das persoas e, sen dúbida, en moitas ocasións ao pensar en bibliotecas escolares as relacionamos coas persoas que coordinan, cos equipos humanos de cada unha. Pero no caso do IES Ánxel Casal non é que a súa bibliotecaria liderara no pasado un proxecto que deu lugar aos froitos que todos coñecemos, recoñecemos e admiramos, senón que Carmen Loriga, analizando no día a día o comportamento e as necesidades dos seus usuarios e usuarias, ten xa na cabeza o deseño da biblioteca que ten que ser no futuro inmediato. Un espazo en continua mutación, que permanentemente se adapte ás novas necesidades e usos. A capacidade de tratar de adiantarse aos tempos é impresionante. Con Carmen Loriga nunca se chegará tarde a nada. PARABÉNS.

Outros Roteiros:

CEIP Milladoiro-Malpica

CEIP José Cornide (A Coruña)


Tamén nos outros GBI Blogues:


A Nosa Biblioteca

Biblioafonso

3 comentarios:

Tony River dixo...

Iso non é unha biblioteca. Ten toda a pinta de ser unha bibliotecaza.

Sarinsky dixo...

Dios mio,nunca había visto una biblioteca tan chula!! cualquiera se volvería una "rata de biblioteca" con semejante decoración y tecnología.

O Segrel do Penedo dixo...

Antonio tes razón "é unha bibliotecaza" e como moi ben di Saaritaa anima moitísimo, pero non só pola decoración e os medios, senón tamén, e eu diría que sobre todo, pola persoa que está ao seu frente.

Related Posts with Thumbnails