Este ano, o día das Letras Galegas dedicámolo á literatura oral. Como na materia de
lingua inglesa en 1ºESO estamos a facer un Proxecto documental sobre
lendas do mundo, decidimos dedicar o día a contar lendas do noso país, esas lendas
que nos contaron os nosos avós, os nosos pais e que tanto nos gusta contar e
que nos conten.
O alumnado decorou a biblioteca, non
faltaba detalle para darlle un ambiente de lenda, incluso algúns deles vestíronse
para a ocasión. Foi un mañá chea de
misterio Por alí estiveron a Santa
Compaña, Santa Comba, San Andrés de Teixido, Roxín Roxal e a Ponte
do Porco, o Arco de San Lorenzo, a Lagoa de Doniños e un sen fin delas máis…
Tanto gozamos con esta experiencia que o vindeiro curso pensamos organizar unha semana enteira á tradición oral. Que vos parece a idea? A nós encantounos!
Se estades interesados nas nosas lendas, non deixedes de visitar Galicia Encantada!
Ningún comentario:
Publicar un comentario