O martes 19,
as actividades de celebración das Letras trasladámolas á Coruña. Comezamos cunha visita ao “Museo de BelasArtes”, onde nos achegamos á obra de
artistas galegos como Luis Seoane, Villaamil…, logo
fixemos un “Itinerario de
escritores galegos”, estivemos na casa de Rosalía, nos monumentos, nos Xardíns de Méndez Núñez, a Curros Enríquez, Castelao, Manuel Murguía e Pondal onde se
leron distintos poemas como “Os mozos”, na primeira sé da RAG, na Cova Céltica
e, na Praza do Humor e na Praza de María Pita.
Xa pola tarde fomos ao Xardín de San Carlos onde lemos o poema “The Burial of Sir John Moore after Corunna” de Charles
Wolfe e un fragmento do que Rosalía
lle dedica titulado
“Na tomba do Xeneral Sir John Moore” e visitamos a “RAG
e a Casa-Museo de Dona Emilia Pardo Bazán”. Na RAG lemos varios poemas de Díaz Castro, entre eles “Penélope” e “Nimbos”.
Unhas visitas moi didácticas que fixeron desta unha extraordinaria celebración dun dos días grandes no noso país, o Día das Letras Galegas.
Se clicades nas fotos veredes as reportaxes completas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario