Seguindo coas actividades levadas a cabo durante este terceiro trimestre, centradas na poesía, o alumnado de 3º e 4º tivo a oportunidade de asistir a un fantástico obradoiro dirixido por Raúl Vacas quen fixo posible, coa súa mestría e bo facer, que todos os que alí estivemos gozáramos dunha mañá chea de poesía e creatividade.
Unha mañá da que xa estamos a ver os seus froitos nas clases de inglés nas que estamos a desenvolver un proxecto, “Enjoying Poetry”, que está a resultar do máis gratificante, e do que daremos cumprida conta a finais de curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario