Durante este terceiro trimestre en 3ºC (PDC) e en 4ºA na materia de inglés o Proxecto "Enjoying Poetry" tiña como principal obxectivo o achegamento á poesía.
Andivemos á
pescuda de Acrósticos, Haikus, Poemas Dada e Caligramas, e á vista das conclusións
da rapazada esta aventura poética foi divertida e ese achegamento foi, para eles, moi novidoso e os sorprendeu moi positivamente.
Velaí algunhas das opinións do alumnado de 4ºESO.
[Despois da visita de Raúl aprendemos que a poesía pode ser doada de entender. Aprendemos tamén que a poesía non é so versos e estrofas, e que podemos facer poesía con ideas sinxelas, incluso se non somos escritores profesionais." (Noelia e Sarai)
"Finalmente, debemos agradecer a poetas e escritores como Carlos Negro e Raúl Vacas que nos amosasen unha idea distinta do que é a poesía a través dos seus obradoiros e que nos fixesen gozar escribindo poesía."(Juan e Sergio)
"Ao principio do proxecto pensamos que sería moi aburrido, pero agora estamos de acordo en que non foi un mal tema, tendo en conta que realmente non nos gusta ler poesía. Debemos admitir que foi un proxecto interesante co que aprendemos cousas diferentes." (Miriam e Cristina)
"Ao principio asustoume o proxecto, porque non me gusta a poesía en español e pensei que en inglés sería moito máis difícil, pero finalmente debo recoñecer que me gustou porque este proxecto foi bastante divertido." (Joel)
"Ao principio non estaba encantado coa idea de facer un proxecto sobre poesía durante o terceiro trimestre. Non odio a poesía, pero non me gusta tanto como a narrativa. Tería preferido un proxecto sobre un tema libre. Sen embargo, non estivo mal de todo. Divertinme facendo Haikus, Acrósticos, Caligramas, pero non Poemas Dada, porque son un pouco difíciles. De todos xeitos gustoume facer este traballo. […] Dende o meu punto de vista, moitos dos meus compañeiros teñen gozado coa poesía aínda que non o admitan. De feito, penso que a maioría fixo un bo traballo e escribiron uns poemas fantásticos. Este proxecto nos dou unha visión diferente da poesía, moi diferente dos poemas que vemos na clase de lingua." (Carlos)
"Con este proxecto coñecemos distintos tipos de poesía. Aprendemos a escribila, a sentila e a gozala. Tamén aprendemos que a poesía pode ser divertida e interesante e que no é esa cousa aburrida e sentimental que a xente soe pensar. Aprendemos a apreciala e a amala." (Andrea e Ruth)
"Antes de comezar o proxecto pensabamos que sería difícil e aburrido, pero ao final foi interesante e divertido" (Alex e Raúl)
"Cando soubemos que o proxecto do terceiro trimestre sería sobre poesía, vin caras de desaprobación entre os meus compañeiros, pero eu non era unha deles. Pode ser porque ás veces leo poesía, ou porque sabía que a poesía é algo máis do que nos imaxinamos. Creo que non lles gustaba porque non a coñecían. Hoxe, saben máis e penso que case todos nós temos unha opinión distinta e un maior coñecemento sobre a poesía do que tiñamos ao principio" (Antía)]
Tras
o Encontro con Raúl Vacas, se lles propuxo deseñar un “envase” no que presentar
os seus poemas a esa persoa especial nas súas vidas, e practicamente todos aceptaron
o reto.
O
resultado non puido ser máis creativo…
Flores e bolboretas voadoras para achegar a unha irmá os nosos afectos dun xeito diferente, as pílulas desa avoa que nunca esqueceremos, un xogo poético para un amigo moi especial, un haiku agochado nun móbil para ese amigo que non se separa del..., todos eles extraordinarios. E cantas emocións contidas mentres nos presentaban os seus fermosísimos "envases poéticos".
Alguén dixo que esta xuventude non aprecia poesía e que as escolas matan a creatividade? Non sempre adoita a ser así, non sempre... So hai que ver a súa resposta cando conseguimos enganchalos.
Parabén rapaces, foi un verdadeiro placer facer o camiño da ESO ao voso carón. E despois de catro anos xuntos teño que confesarvos que vos botarei en falta, non sabedes canto!!
Todo o mellor na vosa nova andaina!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario