venres, 30 de novembro de 2012

Debate: "Bibliotecas en la Era Digital"

mércores, 28 de novembro de 2012

Roteiro Plambe-Ferrolterra (XII) CEIP Unión Mugardesa

Hoxe celebramos a segunda xuntanza do Plambe-Ferrolterra do curso e nesta ocasión achegámonos ata o CEIP Unión Mugardesa.

Nada máis chegar recíbenos un enorme lazo contra a Violencia de Xénero e xa na entrada do centro un cartel coas ilustracións feitas polos pequerrechos de 5º e 6º, e unha exposición baixo o lema "Aprende a quererte", femoso, non si? E xa dentro da Biblioteca do Dragón, decorada de outono e presidida pola súa mascota, o dragón Dominicus, marabillosos libros de poemas, álbumes ilustrados, diccionarios ilustrados feitos polos máis pequenos, libros informativos... todo feito con moito agarimo, tanto como co que nos recibiron.

Despois de mirar e remirar en cada recuncho e de facer unha pequena "memoria" do acontecido co proxecto do Bubisher que algunhas das bibliotecas de Ferrolterra levamos a cabo o curso pasado, chegaron o café e as larpeiradas e un interesantísimo libro "A Unión Mugardesa de Instrución" e un marcapáxinas co que nos agasallaron. Nós levámoslles "El Pequeño teatro de Rebecca" de Rebecca Dautremer, un pequeno recordo do noso paso por esta biblio e a súa fantástica "bibliotecaria"

Grazas polo recibimento. Ata sempre!!

Álbum fotográfico do Encontro

domingo, 25 de novembro de 2012

xoves, 22 de novembro de 2012

Portobello, porque me peta!


Alumnado do Instituto Español Cañada Blanch en Portobello (Londres) na área de Lingua Galega ánima a xente da rúa a ler a "Celso Emilio Ferreiro" en Galego. 

Orgullosos da nosa cultura!!

Parabéns a ese fantástico profe e á rapazada por este marabilloso xeito de facer país!!

Graciñas Pablo!!

martes, 20 de novembro de 2012

Medios de Desinformación - Rosa María Calaf


- "Ser un lector responsable"
- "Promover o espíritu crítico na rapazada"
- " A tecnoloxía como ferramenta"
- "Ser activos con coñecemento"
- "Reflexionar, questionar..."
- "Basar as nosas opinións en feitos contrastados..."

- Información honesta, plural, transparente, respectando as diferenzas..."

Mensaxe ben clariña de Rosa María Calaf unha grande profesional dos medios da que non deberíamos perder nin un so segundo dos 08.08 minutos que dura este vídeo ao que chegamos a través de Comunidade Cuadernalia.




20 Novembro: "O Humor e os Dereitos da Infancia" III

Para conmemorar o "Día dos Dereitos d@s Nen@s" en O Segrel temos unha fantástica exposición, "O Humor e os Dereitos da Infancia", cedida polo Museo do Humor de Fene. Exposición baseada na "Declaración dos Dereitos d@ Nen@" de 1959 que trata o tema destes Dereitos en clave de humor. 

Son 28 debuxos de 19 debuxantes (14 homes e 5 mulleres) de 10 países (España, Azeirbaijan, Arxentina, Brasil, Colombia, Cuba, Grecia, Italia, Perú e Suecia) que o Museo do Humor de Fene cede a todos os centros que desexen dispor dela e que estará no IES de Fene ata o 30 deste mes.

Álbum fotográfico da Exposición

Para traballala máis fondamente preparamos unha serie de actividades nas que tratamos os dereitos da infancia, o humor gráfico... que serán desenvolvidas dende as titorías e nalgunha outra materia. 
 


20 de Novembro "Día dos Dereitos d@s Nen@s" II

20 Novembro: "Día dos Dereitos d@s Nen@s" I

Conferencia en TED da fotógrafa Lisa Christine sobre a escravitude no século XXI. Lisa pasou dous anos viaxando polo mundo para documentarse sobre a incriblemente dura realidade da escravitude hoxe en día.  As súas fotografías pretenden iluminar a vida e a difícil situación dos 27 millóns de persoas escravizadas polo mundo.
"Espero que estas imaxes esperten nos que as vexan unha forza que acenda un lume que bote luz sobre a escravitude, porque sen esa luz a besta da escravitude pode seguir vivindo nas tebras"
Lisa  Christine
"So seremos realmente libres cando aqueles sometidos á lacra da escravitude sexan finalmente liberados"
Desmond Tutu

mércores, 14 de novembro de 2012

mércores, 31 de outubro de 2012

Cine de Terror para o Samaín

Chega o Samaín, bo momento para facer unha pequena compilación dalgunhas das mellores películas de terror de todos os tempos e das súas bandas sonoras. Non están todas as que son, pero sí son todas as que están...

venres, 26 de outubro de 2012

mércores, 24 de outubro de 2012

Roteiro Plambe-Ferrolterra XI "O Segrel do Penedo"

Nesta xornada de celebración do Día das Bibliotecas Escolares, as coordinadores e coordinadores dun bo número de bibliotecas da comarca de Ferrolterra incluídas no Plambe, reunímonos no Segrel nesta primeira xuntanza do ano. Foi unha reunión ben especial xa que recibimos novas incorporacións e tamén porque nesta ocasión o resto d@s plambeir@s da comarca coñeceron aos membros do noso equipo da biblioteca do que tan orgullosos nos sentimos. 

Compartimos proxectos, ideas e actividades de formación a desenvolver ao longo do curso, distribuíronse as tres maletas viaxeiras das que dispoñemos na zona e, como non, falamos do principal atranco que atopamos na nosa labor cotiá, a falta de horas para levar a cabo o noso traballo.
Encontro Plambe-Ferrolterra XI
E durante o café, que Gabriela se encargou de endulzar cun exquisito Brownie, agasalláronnos con "Swing Café" un fermoso álbum musical de Carl Norac e ilustrado por Rébecca Dautremer, que nos leva de viaxe ás orixes do jazz; Duke Ellington, The Mills Brothers, Slim and Slam, Don Redman, Lionel Hampton, Fats Waller, Vess L. Ossman, Cab Calloway e Ella Fitzgerald aparecen nun marabilloso escenario facendo as delicias dos que coma nós amamos o Jazz. Que ben coñecen as nosas debilidades!

Graziñas compañeir@s pola vosa visita, para O Segrel foi un verdadeiro placer recibirvos. Vémonos no CEIP de Mugardos o 28 de Novembro.
Clicar na Imaxe para ir ao Álbum fotográfico

 
 

Antón Castro ou A Maxia da Oralidade

Esta mañá celebramos o Día das Bibliotecas Escolares cun amigo ben especial para O Segrel. Antón Castro, extraordinario músico e contador de historias que nos achegou á riqueza da nosa tradición oral. Foron dúas horas de música, historias e risas que fixeron patente, a través da maxia da oralidade, o lema deste día "Bibliotecas escolares para o pasado, o presente e o futuro" amosando o noso pasado máis rico nunha biblioteca do presente chea de rapazada, o noso esperanzador futuro. 

Dende aquí o noso agradecemento a Antón, a súa visita foi un marabilloso agasallo neste día de festa.
Antón Castro
Clicar na imaxe para ir ao Álbum Fotográfico

Día da Biblioteca Escolar


Hoxe, día 24 de outubro celébrase o "Día da Biblioteca Escolar" este ano baixo o lema "A Biblioteca Escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro"Para nós "todos os días son os días da biblioteca escolar", más nesta ocasión, despois da renovación que no espazo da biblioteca estamos a levar a cabo dende o curso pasado, queremos celebrar este día dun xeito especial. 

Pola mañá disfrutaremos coa visita de "Antón Castro", extraordinario músico e contador de historias que nos achegará, un pouquiño máis, á nosa tradición oral. 

Pola tarde, celebraremos en O Segrel a primeira reunión deste curso do Plambe-Ferrolterra.  

Unha xornada festiva, da que vos daremos cumplida conta.

CADA DÍA MÁIS E MELLORES BIBLIOTECAS ESCOLARES!!

domingo, 21 de outubro de 2012

Comezamos!!

Así é! O Segrel bota a andar e este curso facémolo con moitas novidades que queremos presentarvos. Un novo membro no grupo de profes da biblio, mobiliario totalmente renovado, nova sección de música que levábamos tempo desexando organizar, un pequeno punto de lectura á entrada do instituto, o punto de lectura da sala de profesores cunha nova sección de revistas profesionais... en fin, o que vos dicía, moitas novidades que pouco a pouco irémosvos amosando. So dicirvos que o mércores, "Día das Bibliotecas Escolares" temos organizada unha gran sorpresa, a nosa particular inauguración deste renovado Segrel!!

venres, 22 de xuño de 2012

Suxestións de Lectura, Cine e Música para o Verán!!

Chega o final de curso, as ansiadas vacacións, e velaí tedes as nosas Suxestións de lectura, cine e música. Y é que a nós, tanto nos ten se estamos na praia ou na montaña, a carón dun dos nosos marabillosos ríos ou de viaxe coa familia e os amigos, en calquera lugar e en calquera momento, o cine, a música e un boa lectura, sexa en papel, e-book, no iPad... sempre nos proporciona momentos máxicos. Asi que aquí tedes unha pequena selección de cómic, narrativa, álbumes en inglés, divulgación, cine e música de entre os múltiples e variados fondos da nosa biblioteca escolar.

Ven a visitarnos e leva a túa bolsa para o verán.

Podes levar cantos títulos desexes!!




sábado, 2 de xuño de 2012

As Mochilas Viaxeiras voltan a "O Segrel"

O pasado venres voltaron as Mochilas Viaxeiras que dende o pasado mes de febreiro, cando comezaron o seu roteiro, fixeron cada unha delas catro viaxes ás casas do noso alumnado de 1º e 2º de ESO.

A experiencia, despois destes cinco anos segue a ser moi positiva como así o confirman os comentarios que as familias nos fan nos libriños que se inclúen nas mochilas:

  • "Unha boa iniciativa para promover a lectura"
  • "Un gran método para intentar que os nenos lean algo e tamén para que se reunan e falen coa familia acerca dalgún dos libros propostos"
  • "É unha actividade moi interesante porque permite compartir lecturas e ver e comentar o cine e a música en familia"
  • "Parécenos unha boa idea xa que nos permite poñernos en contacto con novas suxestións de libros, cine e música"
  • "A nós parécenos unha moi boa idea xa que é unha forma de divertirse e disfrutar en familia"
  • "Penso que é unha actividade complementria moi válida, porque permite fomentar a lectura de obras ben distintas"
  • "É unha actividade moi boa con grandes libros que me encantan"
  • A idea de incluir na mochila o protocolo para consultar os fondos da biblioteca parécenos moi acertada"
No que tamén nos informan dos libros que máis lles gustaron: En primeiro lugar figura a revista National Geographic, seguida dos libros de divulgación 

En canto ás suxestións que nos fan destaca o apartado dedicado á música, onde propoñen se inclúa “música máis de moda”… e tamén hai quen bota en falta “algún material en inglés

Este curso destaca a falta de queixas... ata agora sempre aparecía "o peso" das mochilas, que evitamos rebaixando os materiais incluídos, e a falta de tempo que tamén se solucionou ampliándoo cando así o pediron as familias.

Libro incluído na Mochila Viaxeira de 2º de ESO





xoves, 17 de maio de 2012

Día das Letras Galegas IV

E tras a presentación das actividades, compre amosar ao noso alumnado e profesorado "disfrutando" do Día!!



Graciñas a tod@s pola vosa magnífica participación

Día das Letras Galegas III

Dentro das actividades desenvolvidas para a celebración do Día das Letras é xa un clásico a "Xincana Cultural", actividades de busca de información elaboradas por distintos departamentos didácticos, aos que dende aquí amosamos o noso agradecemento: Lingua Galega, Ciencias, Clásicas, Tecnoloxía e Historia.

Xincana 1º e 2º de ESO


Xincana 3º e 4º ESO

Día das Letras Galegas II

No Segrel do Penedo, como ven sendo habitual, o Día das Letras Galegas é un día grande, un día de celebración e este ano esa celebración tivo lugar onte. Este é o noso calendario de actividades:


Velaí tedes a ligazón á Webquest "Paz Andrade: Galeguidade e Empresa" que, como cada ano, elaboramos para esta data. (Entrade como convidados)


         E como non, á escolma de poemas que compoñen o libro "Poesías para un Día" que o alumnado de 1º e 2º de ESO debe completar nesta xornada de celebración da nosa cultura e a nosa lingua.

Día das Letras Galegas I

Hoxe, 17 de maio, celebramos o quincuaxésima edición do Día das Letras Galegas, pero sabedes "Cando e como xorde a idea?" e "Quenes son as figuras homenaxeades nestes 50 anos?". Máis información sobre a Historia do Día das Letras

Este ano adícaselle á figura de Valentín Paz Andrade, xornalista, poeta, xurista, político, empresario... un home comprometido co seu país. Na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística atoparedes unha boa mostra dos materiais elaborados sobre a figura deste insigne Galego.

Imaxe do Primeiro Cartel do Día das Letras Galegas. Fonte RAG


venres, 4 de maio de 2012

Os Nosos Venres Musicais (LXXIII)


O pasado luns, 30 de abril, celebrouse o "Día Internacional do Jazz"

Esta data foi establecida pola UNESCO durante a súa Conferencia Xeral do pasado mes de novembro como símbolo intercultural e facilitador do entendemento entre os pobos.

Dende O Segrel, imos dedicar este venres musical ao Jazz, o modo de expresión para os que sufriron a escravitude, un verdadeiro símbolo de liberdade.




Related Posts with Thumbnails