Esta mañá celebramos o Día das Bibliotecas Escolares cun amigo ben especial para O Segrel. Antón Castro, extraordinario músico e contador de historias que nos achegou á riqueza da nosa tradición oral. Foron dúas horas de música, historias e risas que fixeron patente, a través da maxia da oralidade, o lema deste día "Bibliotecas escolares para o pasado, o presente e o futuro" amosando o noso pasado máis rico nunha biblioteca do presente chea de rapazada, o noso esperanzador futuro.
Dende aquí o noso agradecemento a Antón, a súa visita foi un marabilloso agasallo neste día de festa.
Clicar na imaxe para ir ao Álbum Fotográfico
Ningún comentario:
Publicar un comentario