Hoxe celebramos a segunda xuntanza do Plambe-Ferrolterra do curso e nesta ocasión achegámonos ata o CEIP Unión Mugardesa.
Nada máis chegar recíbenos un enorme lazo contra a Violencia de Xénero e xa na entrada do centro un cartel coas ilustracións feitas polos pequerrechos de 5º e 6º, e unha exposición baixo o lema "Aprende a quererte", femoso, non si? E xa dentro da Biblioteca do Dragón, decorada de outono e presidida pola súa mascota, o dragón Dominicus, marabillosos libros de poemas, álbumes ilustrados, diccionarios ilustrados feitos polos máis pequenos, libros informativos... todo feito con moito agarimo, tanto como co que nos recibiron.
Despois de mirar e remirar en cada recuncho e de facer unha pequena "memoria" do acontecido co proxecto do Bubisher que algunhas das bibliotecas de Ferrolterra levamos a cabo o curso pasado, chegaron o café e as larpeiradas e un interesantísimo libro "A Unión Mugardesa de Instrución" e un marcapáxinas co que nos agasallaron. Nós levámoslles "El Pequeño teatro de Rebecca" de Rebecca Dautremer, un pequeno recordo do noso paso por esta biblio e a súa fantástica "bibliotecaria"
Ningún comentario:
Publicar un comentario