O pasado venres voltaron as Mochilas Viaxeiras que dende o pasado mes de febreiro, cando comezaron o seu roteiro, fixeron cada unha delas catro viaxes ás casas do noso alumnado de 1º e 2º de ESO.
A experiencia, despois destes cinco anos segue a ser moi positiva como así o confirman os comentarios que as familias nos fan nos libriños que se inclúen nas mochilas:
- "Unha boa iniciativa para promover a lectura"
- "Un gran método para intentar que os nenos lean algo e tamén para que se reunan e falen coa familia acerca dalgún dos libros propostos"
- "É unha actividade moi interesante porque permite compartir lecturas e ver e comentar o cine e a música en familia"
- "Parécenos unha boa idea xa que nos permite poñernos en contacto con novas suxestións de libros, cine e música"
- "A nós parécenos unha moi boa idea xa que é unha forma de divertirse e disfrutar en familia"
- "Penso que é unha actividade complementria moi válida, porque permite fomentar a lectura de obras ben distintas"
- "É unha actividade moi boa con grandes libros que me encantan"
- A idea de incluir na mochila o protocolo para consultar os fondos da biblioteca parécenos moi acertada"
No que tamén nos informan dos libros que máis lles gustaron: En primeiro lugar figura a revista National Geographic, seguida dos libros de divulgación
- “Educar las emociones y los sentimientos”
- “Adolescentes,que maravilla”
- “Educar sin gritar”
- “Padres brillantes, maestros fascinantes”
sen esquecer a banda deseñada e a poesía.
En canto ás suxestións que nos fan destaca o apartado dedicado á música,
onde propoñen se inclúa “música máis de
moda”… e tamén hai quen bota en falta “algún
material en inglés”
Este curso destaca a falta de queixas... ata agora sempre aparecía "o peso" das mochilas, que evitamos rebaixando os materiais incluídos, e a falta de tempo que tamén se solucionou ampliándoo cando así o pediron as familias.
Libro incluído na Mochila Viaxeira de 2º de ESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario