O SERVIZO DE PRÉSTAMOS
PERMANECERÁ ABERTO DE 11 A 13 HORAS
QUE SEIQUE O INSTI SEN VÓS É MOI ABURRIDO...!!
Blog da Biblioteca do IES de Fene
Durante o presente curso académico, e por primeira vez, decidimos traballar cun proxecto en 3º de ESO.
O luns día 7 de xuño celebramos o fin de festa dos clubs de lectura do Segrel cun fantástico encontro con Rosa Aneiros.
Hoxe deixounos José Saramago. Un poeta, escritor, dramaturgo e periodista; un home comprometido coa época que lle tocou vivir, que nos soubo transmitir ..."Empezar a ler foi para min como entrar nun bosque por primeira vez e atoparme de repente con todas as árbores, todas as flores, todos os paxaros. Cando fas iso, o que te deslumbra é o conxunto. Non dis: gústame esta árbore máis cas demais. Non, cada libro no que entraba tomábao como algo único."
El País Semanal, Madrid, 29 de novembro de 1998
Pola Lectura:
"Algunas persoas pasan toda a súa vida lendo, pero nunca chegan máis aló de ler as palabras na páxina, non entenden que as palabras non son máis que pisar as pedras colocadas a través dun río que flue rápido, e a razón é que están aí para que poidamos chegar á outra orilla, é o outro lado o que importa."
A súa loita pola Paz:
"Resulta moito máis doado educar aos pobos para a guerra que para a paz. Para educar no esprito bélico basta con apelar aos máis baixos instintos. Educar para a paz implica ensiñar a recoñecer ao outro, a escoitar os seus argumentos, a entender as súas limitacións, a negociar con el, a chegar a acordos. Esa dificultade explica que os pacifistas nunca conten coa forza suficiente para gañar... as guerras."

As historias, os libros: eis o fío verdadeiro que nos une a todas as persoas do planeta."
O pasado venres asistimos á Xornada dos Clubs de Lectura celebradas en Santiago, e se só puidésemos utilizar unha palabra para describila esta sería "extraordinaria"....tratar aos máis como che gustaría que te trataran a tí.
A Asociacion de Equipos Directivos da Coruña fai chegar ó Sr. Conselleiro de Educación e a tódolos centros da provincia o seguinte documento no que se valora a adxudicación ós centros do Proxecto ABALAR:
A recompensa ao traballo feito foi unha fermosa experiencia de música e lecturas compartidas que pensamos repetir e da que a RTVG dará noticia o vindeiro luns á mañá nunha reportaxe sobre a celebración do Día das Letras no programa Bos Días Magazine.
Grazas a todas e todos os que fixéstedes posible que puidéramos celebrar con vós, fóra das paredes do noso centro, o que foi unha xornada festiva chea de emocións.
Tamén en
| Hora | 1º ESO | 2º ESO | 3º ESO | 4º ESO |
| 08:30 | Xincana Cultural | | | |
| | ||||
| 10:30 | "Poemas á rúa" Ilustración Poemas | Webquest | ||
| | ||||
| 12:30 | "Poemas para un día" Xogos Populares | Xincana Cultural | ||