venres, 14 de maio de 2010

O "Making of" do Día Grande !!

Xa chegou o día, o Día das Letras Galegas, día grande en O Segrel. Pero para chegar ata aquí houbo que percorrer un camiño "miaxiña" esgotador. Decidir actividades, horarios, grupos... e unha vez decidido prepaparalo todo.

Este ano o programa quedou así:

Hora

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

08:30

Xincana Cultural




10:30

"Poemas á rúa"

Ilustración Poemas

Webquest


12:30

"Poemas para un día"

Xogos Populares

Xincana Cultural


E nesta ocasión decidimos sair á rúa e intentar disfrutar dun fermoso momento de lecturas compartidas cos amigos e veciños e que mellor que facelo cunha pequena escolma de poemas de Novoneyra.

Pero como todo día de festa non pode faltar a música e quen mellor nos podía acompañar nesta ocasión que Samantha Castro, antiga alumna e a voz do grupo Arredemo.

E Samantha chegou hoxe ao cole para ensaiar co noso marabilloso acordeonista Serafín, e para escoitalos houbo quen nin foi ao recreo.

Emocionante !! Veremos se mañá podemos gravalo todo e que o poidades disfrutar vós tamen en Radio Barullo.

1 comentario:

Bibliobelesar dixo...

Miña nai! Canto traballades!! Sen dúbida este foi un día máxico para todos vós! Ëu, dende Belesar, mándovos un agasallo cariñoso para este blog do que son seguidora.
http://bibliobelesar.blogspot.com/2010/05/agasallo-para-o-blog.html
Bicos dende Belesar

Related Posts with Thumbnails