Escolma poética elaborada polo alumnado e profesorado participante na actividade "Poemas á Rúa" que terá lugar o vindeiro venres, 14 de maio, na Plaza do Concello de Fene con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
Dende O Segrel do Penedo, queremos invitar a todos os amigos e amigas do IES de Fene, a que nos acompañen nesta xornada festiva de reivindicación da nosa cultura e a nosa lingua.
Gustaríanos que compartírades con nós ese momento. Podedes traer ese poema, ese texto que para vós é especial e acompañarnos tamen coa súa lectura...
Esperámosvos o venres 14 a partir das 10.30, na Plaza do Concello e se o tempo nos quere xogar unha mala pasada, a concellería de cultura pon á nosa disposición a Sala de plenos. Xa vedes, temos "case todo" previsto, só faltades vós... !!
7 comentarios:
Que selección máis fermosa!! Dende logo, con estos traballos Uxío aínda será máis querido.
Dende Belesar mandámosvos un agasallo para o blog, co nosos cariño. Moitos Bicos, Loly!
Grazas "Faustina", sempre é un placer recibir un agasallo de máns amigas.
Apertas de mel!!
Levo esta escolma para Mesturas
E a nós, que tanto nos gusta Mesturas, estamos encantados!!!
Desde O sorriso da muralla os nosos parabéns por o precioso traballo, imos enlazar a escolma no noso blog se nolo permitides. Grazas inmensas.
Grazas polo voso agarimo e contarvos que a experiencia foi tan fermosa que pensamos repetila.
Apertas poéticas dende Fene.
Publicar un comentario