Este xoves, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Paz e desde O Segrel quixemos poñer o noso gran de area a prol da paz e a solidariedade e o noso rexeitamento a calquer tipo de violencia, con poesía e música. Organizamos unha lectura de poemas coa participación de alumnado de ESO e Bacharelato co acompañamento de música de guitarra. Para finalizar o acto, o noso compañeiro Bautista puxo o broche con música de gaita, interpretando unha versión de "Amazing Grace".
Os pequenos de 1º da ESO non quixeron participar na lectura de poemas, seica por vergoña a ler en público, pero non se perderon a celebración. Recortaron e decoraron pombas que pegaron formando a palabra PAZ.
Moitas grazas a todos os que colaraborastes nesta actividade!!!
Click aquí para ver o álbum |
Ningún comentario:
Publicar un comentario