Este pasado martes 11 de febreiro conmemoramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Para esta data, o departamento de Matemáticas conseguiu que tiveramos dispoñible durante toda a semana unha exposición de mulleres científicas que leva por título Matemáticas x matemáticas. A exposición foi realizada pola Universidade de Vigo e cedida ao centro pola asociación de Ensinantes de Ciencia de Galicia, ENCIGA.
Nesta exposición, que conta con dez paneis explicativos, podemos ver o traballo de relevantes figuras femininas no mundo da Ciencia desde Hipatia ata científicas máis contemporáneas como Julia Hall Bowman Robinson, sen esquecer a Ada Lovelace ou Sofia Kovalevskaya. Ademais de achegarnos á vida destas mulleres, a exposición ofrece a súas achegas ao mundo da ciencia así como unha proposta de actividades.
Acompañaron á exposición distintos carteis confeccionados pola nosa compañeira Cristina e os seus alumnos de 1º da ESO. Tamén había unha pequena mostra de fondos da nosa biblioteca, moitos deles de recente adquisición dentro do Plan de Igualdade.
Por último a profesora de Matemáticas, Laura, propuxo aos seus alumnos de 2º de FP Básica de Mantemento de Vehículos, facer unha versión do coñecido xogo "Quién es quien?", nesta ocasión con mulleres, a maioría científicas. Deixaron unha mostra deles na biblioteca, o cal tivo moito éxito entre os alumnos que soen acudir nos recreos.
Fai click na foto superior para acceder a todo o álbum
1 comentario:
Best Betway Casino Review 2021
An 7 포커 overview of Betway's sportsbook in Canada 바카라 시스템 배팅 ➤ Find out everything you need to know to learn how to register, claim a welcome 토찾사 bonus, and 먹튀검증사이트 find 포커 out about it
Publicar un comentario