domingo, 25 de marzo de 2012

Xuntanza Gastronómica en Vide!!

Unha das nosas paixóns é a biblioteca escolar e como unha parte máis da biblioteca escolar, as xuntanzas gastronómicas coas responsables dalgunhas das mellores bibliotecas escolares galegas que, para o caso, é como dicir, das mellores do Estado. Este sábado tocaba repetir experiencia culinaria en As Neves para lembrar o sabor da lamprea en rolo (seca e cortada coma se fora fiambre). Mais este ano abandonamos o restaurante e dirixímonos, tras visitar a escola unitaria de Vide, á Casa da Auga, na parroquia de Vide, concello de As Neves.

A mestra, as mestras e as súas nais (as da escola, se entende) preparánronnos, con todo o amor do que é posible agasallar, un eterno xantar a base de empanadas, canapés, tortillas (ovos caseiros, con patacas, con xamón, con chourizo…) tortas de verduras, queixo, paté e logo, a lamprea con diversos tipos de ensaladiñas. De sobremesa: ademais duns fenomenais biscoitos, un licor café inconmensurable.

Tras o xantar, principiou a festa: dúas horas de música ao vivo a cargo das Pandereteiras de Vide. Impresionantes… cada ano fano mellor, aínda que nos pareza incrible. Como agradecer tanta xenerosidade?, tanta paixón polo "público"?, polo colectivo?

E que dicir desa mestra… desa FUNCIONARIA (así en maiúsculas, con orgullo do que somos, do noso traballo, e de para quen facemos o que facemos) que non sabe onde remata o seu traballo e principia a súa vida… que neste sábado parece que traballa e cando o luns abra o local de traballo seguro que parece que está de vacacións e feliz de convivir cos cativos na súa escola… E que escola…. Se hai que facer (¿) recortes que, por favor, a esta unitaria non a toquen.

Grazas Sabela. Grazas Lourdes. Grazas pandereteiras. Ata a próxima!




Artigo de Zapas do 42

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Totamente de acordo co que dicides, eu saín dalí cunha sensación fantástica de lección de vida e compartir esa vida e esa alegría. Grazas pandereteiras, nais, mulleres, profesora e profesoras....grazas a todas pola enorme alegría que eu traía ese sábado dentro de min que aínda dura....

Anónimo dixo...

Totamente de acordo co que dicides, eu saín dalí cunha sensación fantástica de lección de vida e compartir esa vida e esa alegría. Grazas pandereteiras, nais, mulleres, profesora e profesoras....grazas a todas pola enorme alegría que eu traía ese sábado dentro de min que aínda dura....

Related Posts with Thumbnails