sábado, 3 de marzo de 2012

Javier Bahón e as Intelixencias Múltiples.

O pasado mércores remataron as Xornadas de Innovación Educativa que o CFR de Ferrol organizou este curso. Dende O Segrel xa fixemos mención tanto aos fantásticos poñentes como á organización das Xornada.

O pasado mércores tivemos a oportunidade de asistir á Conferencia-coloquio "Achegamento ás CCBB a través das intelixencias múltiples" impartida polo profesor D. Javier Bahón Gómez director da "Fundación Nuevas Claves Educativas". Extraordinario !!


Fixo especial fincapé no fundamental que é, para o futuro dos nosos nenos e nenas, a etapa de 0 a 6 anos ("
non podo deixar de pensar en alguén que debería ter asistido a esta ponencia, coido que algo tería aprendido...")

Animounos a facer o noso perfil de destrezas para ver en que temos fortalezas e onde están as nosas debilidades e comparalo cos perfís do noso alumnado e deste xeito poder comprobar que todas as persoas somos moi similares, que en moitos aspectos, en moitas intelixencias, haberá rapaces que estean por enriba de nós, polo que lonxe de estar sacrificando o seu futuro, o que temos que facer é coñecer en que son fortes e axudalos, porque o mundo desenvólvese con todas as fortalezas e o éxito na vida non sempre é o éxito escolar…

Para axudarnos a actuar coas distintas intelixencias presentounos unha caixa de ferramentas. Unha serie de ferramentas que van máis aló do que é a instrución común, non só a aprendizaxe de contidos senón a aprendizaxe de destrezas, a aprendizaxe de sistemas para pensar, e de pensar con destrezas, para pensar con razóns. (Plantilla aplicación IM)

Magoa non ter a gravación desta ponencia que comezamos a ritmo de Aretha Franklin e rematamos despois de tres horas do máis interesantes, pero achegámosvos dous vídeos que vos recomendo (1), (2).

Velaí tedes a Howard Gardner, Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais 2011 quen, hai xa máis de dúas décadas, revolucionou a psicoloxía coa súa teoría das intelixencias múltiples.


Gardner, Howard "Arte, mente y cerebro. Una aproximación cognitiva a la realidad"


Ningún comentario:

Related Posts with Thumbnails