O martes 14 de febreiro, vaia data máis agarimosa, non si?, e como ven sendo habitual dende hai xa algúns anos, o grupo de bibliotecas escolares do Plambe-Ferrolterra reunímonos para coordinar actividades, colaborar en proxectos..., en definitiva compartir experiencias e, nesta ocasión, compartimos tamén unha fantástica cea servida polo alumnado do Ciclo Superior de Hostelería do IES Fragas do Eume, centro ao que lle tocaba organizar a reunión e Glarifa, a coordinadora da biblioteca, vaia que se a organizou, tan alto deixou o listón que agora non hai quen quera facer a seguinte... ¡!
Entrantes (táboa de queixos galegos, empanada de zamburiñas e bacallau, minipreñados de chourizo, chulas de cabaza con anchoa, crema de cabaza e bocados de tortilla) e un delicioso cóctel.
Cocido galego regado con Rioxa Vinestral e Albariño Xelmírez
Postres de Entroido (filloas recheas, orellas e frores de entroido), Petiscos doces de San Valentín (froitas da paixón, crema catalana e mousse de fresa) e fondue de froitas, café e licores.
Hmmmmm, todo estaba delicioso!! Os nosos parabéns a profesorado e alumnado polo seu magnífico traballo. Quedamos convidados!!
Pero esta cita, como non podía ser menos, comezou cun percorrido pola biblioteca escolar. Unha biblioteca moi ampla, con espazos ben diferenciados á que non lle falta detalle algún.
Para nós foi un verdadeiro placer a visita ao Fraguas do Eume e por suposto en compañía das bibliotecas escolares da comarca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario