martes, 29 de xaneiro de 2013

Agustín Fernández Paz Doutor Honoris Causa Universidade Vigo


Onte, día 28, Agustín Fernández Paz, un dos grandes das nosas letras, foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. Un nomeamento no que se ve recoñecido non so o seu papel no eido da Literatura Infantil e Xuvenil senón como loitador pola nosa cultura e a nosa lingua como podemos comprobar, non sen emocionarnos, cando lemos o seu discurso de investidura que aquí vos achegamos .


Vía

Dende O Segrel, en nome de todos os membros da nosa comunidade educativa, queremos achegar os nosos parabéns por tan merecidísimo recoñecemento ao noso benquerido e admirado Agustín.

luns, 28 de xaneiro de 2013

Fina Casalderrey nos Blogues das Bibes Galegas


Vía Biblioteca do Cole


Con motivo do nomeamento de Fina Casalderrey como membro numerario da Real Academia Galega, en datas recentes, as bibliotecas escolares galegas quixeron xuntarse de forma virtual e facerlle unha homenaxe publicando, nos seus blogues, unha mesma entrada de felicitación e recoñecemento. Con Fina Casalderrey a Literatura Infantil e Xuvenil entra na Academia como o que é, como literatura de pleno dereito. E tamén entra o profesorado cos pés na terra e o corazón vivo. Parabéns!

luns, 21 de xaneiro de 2013

Fina Casalderrey: Unha Escritora de LIX na RAG


RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

xoves, 3 de xaneiro de 2013

Presentación da Novela Gráfica "Bóveda"

Hoxe, na Asociación Veciñal de Perlío, tivo lugar a presentación da Novela Gráfica Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza, con texto de María Xesús Arias, de quen xa tivemos ocasión de falar no Segrel con motivo da presentación da publicación "O Cine na comarca de Ferrol", da que é coautora; e debuxos de Carlos Sardiña magnífico ilustrador a quen coñecemos a través desta novela e non pensamos perderlle a pista, encantounos o seu traballo. 

Esta novela enganchounos dende a súa primeira páxina, pode que tamén axudase o feito de que parte dunha realidade que nos é moi familiar, un rapaz que ten que facer un traballo sobre a figura de Alexandre Bóveda e a súa nai e quen lle bota unha man para facer esa pescuda a través de rede e da información que ela mesma lle facilita. Texto e imaxes métennos de cheo na Galiza de Castelao, de Otero Pedraio, de Ramón Cabanillas, no nacionalismo galego e na guerra civil, e cando rematamos a súa lectura xorde a necesidade de saber máis, de informarnos e de comprobar o actual que hoxe en día está a figura de Alexandre Bóveda, un loitador polas liberdades, un dos grandes do noso país.

Dende O Segrel, os nosos parabéns a Pitusa e a Carlos polo seu magnífico traballo e a todos os que fixeron posible que este proxecto sexa unha realidade.


luns, 31 de decembro de 2012

Feliz 2013 !!


venres, 21 de decembro de 2012

Un Nadal Solidario!!

En tempos de crise hai que botar unha man a quen máis o está a necesitar e nesta ocasión a solidariedade foi cos máis próximos, cos veciños e veciñas do noso Concello.

A 2ª Chocolatada Solidaria, que celebramos hoxe como remate do trimestre, e a recollida de alimentos, que levamos a cabo durante toda esta semana,  amosaron a sensibilidade dos membros da nosa Comunidade Educativa os verdadeiros artífices de que este tipo de iniciativas saian adiante. 

E non hai Nadal que se prece que non reciba a visita de Papá Noel  e nós, non íamos a ser menos, non si? Como, que queredes saber cales foron as peticións que lle fixemos? Pois cales ían ser, as mesmas que todas e todos vós tedes agora na cabeza. Xa veremos se nolas concede. Aínda que tal e como están os tempos, non sei eu se Papá Noel será quen de facer tales miracres... Xa veremos!

Álbum Fotográfico da Xornada

mércores, 19 de decembro de 2012

Suxestións de Lecturas para o Nadal

Chega o Nadal e con el, como xa ven sendo habitual, as nosas suxestións de lectura, cine, música e, por primeira vez, e non será a última, adentrámonos no mundo dos videoxogos, para que este sexa realmente, un Nadal "de todo tipo" de lecturas compartidas.

Que as disfrutedes!!



venres, 30 de novembro de 2012

Debate: "Bibliotecas en la Era Digital"

mércores, 28 de novembro de 2012

Roteiro Plambe-Ferrolterra (XII) CEIP Unión Mugardesa

Hoxe celebramos a segunda xuntanza do Plambe-Ferrolterra do curso e nesta ocasión achegámonos ata o CEIP Unión Mugardesa.

Nada máis chegar recíbenos un enorme lazo contra a Violencia de Xénero e xa na entrada do centro un cartel coas ilustracións feitas polos pequerrechos de 5º e 6º, e unha exposición baixo o lema "Aprende a quererte", femoso, non si? E xa dentro da Biblioteca do Dragón, decorada de outono e presidida pola súa mascota, o dragón Dominicus, marabillosos libros de poemas, álbumes ilustrados, diccionarios ilustrados feitos polos máis pequenos, libros informativos... todo feito con moito agarimo, tanto como co que nos recibiron.

Despois de mirar e remirar en cada recuncho e de facer unha pequena "memoria" do acontecido co proxecto do Bubisher que algunhas das bibliotecas de Ferrolterra levamos a cabo o curso pasado, chegaron o café e as larpeiradas e un interesantísimo libro "A Unión Mugardesa de Instrución" e un marcapáxinas co que nos agasallaron. Nós levámoslles "El Pequeño teatro de Rebecca" de Rebecca Dautremer, un pequeno recordo do noso paso por esta biblio e a súa fantástica "bibliotecaria"

Grazas polo recibimento. Ata sempre!!

Álbum fotográfico do Encontro

domingo, 25 de novembro de 2012

xoves, 22 de novembro de 2012

Portobello, porque me peta!


Alumnado do Instituto Español Cañada Blanch en Portobello (Londres) na área de Lingua Galega ánima a xente da rúa a ler a "Celso Emilio Ferreiro" en Galego. 

Orgullosos da nosa cultura!!

Parabéns a ese fantástico profe e á rapazada por este marabilloso xeito de facer país!!

Graciñas Pablo!!

martes, 20 de novembro de 2012

Medios de Desinformación - Rosa María Calaf


- "Ser un lector responsable"
- "Promover o espíritu crítico na rapazada"
- " A tecnoloxía como ferramenta"
- "Ser activos con coñecemento"
- "Reflexionar, questionar..."
- "Basar as nosas opinións en feitos contrastados..."

- Información honesta, plural, transparente, respectando as diferenzas..."

Mensaxe ben clariña de Rosa María Calaf unha grande profesional dos medios da que non deberíamos perder nin un so segundo dos 08.08 minutos que dura este vídeo ao que chegamos a través de Comunidade Cuadernalia.




20 Novembro: "O Humor e os Dereitos da Infancia" III

Para conmemorar o "Día dos Dereitos d@s Nen@s" en O Segrel temos unha fantástica exposición, "O Humor e os Dereitos da Infancia", cedida polo Museo do Humor de Fene. Exposición baseada na "Declaración dos Dereitos d@ Nen@" de 1959 que trata o tema destes Dereitos en clave de humor. 

Son 28 debuxos de 19 debuxantes (14 homes e 5 mulleres) de 10 países (España, Azeirbaijan, Arxentina, Brasil, Colombia, Cuba, Grecia, Italia, Perú e Suecia) que o Museo do Humor de Fene cede a todos os centros que desexen dispor dela e que estará no IES de Fene ata o 30 deste mes.

Álbum fotográfico da Exposición

Para traballala máis fondamente preparamos unha serie de actividades nas que tratamos os dereitos da infancia, o humor gráfico... que serán desenvolvidas dende as titorías e nalgunha outra materia. 
 


20 de Novembro "Día dos Dereitos d@s Nen@s" II

20 Novembro: "Día dos Dereitos d@s Nen@s" I

Conferencia en TED da fotógrafa Lisa Christine sobre a escravitude no século XXI. Lisa pasou dous anos viaxando polo mundo para documentarse sobre a incriblemente dura realidade da escravitude hoxe en día.  As súas fotografías pretenden iluminar a vida e a difícil situación dos 27 millóns de persoas escravizadas polo mundo.
"Espero que estas imaxes esperten nos que as vexan unha forza que acenda un lume que bote luz sobre a escravitude, porque sen esa luz a besta da escravitude pode seguir vivindo nas tebras"
Lisa  Christine
"So seremos realmente libres cando aqueles sometidos á lacra da escravitude sexan finalmente liberados"
Desmond Tutu

mércores, 14 de novembro de 2012

mércores, 31 de outubro de 2012

Cine de Terror para o Samaín

Chega o Samaín, bo momento para facer unha pequena compilación dalgunhas das mellores películas de terror de todos os tempos e das súas bandas sonoras. Non están todas as que son, pero sí son todas as que están...

venres, 26 de outubro de 2012

Related Posts with Thumbnails