domingo, 15 de abril de 2012

Actividade Día do Libro "O meu libro favorito"


Unha das actividades propostas para o Día do Libro consiste en facer unha compilación dos nosos libros favoritos, os libros favoritos de todos aqueles que queirades participar sexades ou non membros da nosa comunidade educativa, os voso favoritos seráns moi ben recibidos. Poden ser libros escritos en calqueira lingua, vós elixides en galego, castelán, portugués, inglés, etc, etc, etc

Somos conscientes de que é un verdadeiro desafío, é moi difícil elixir un só libro entre tantos que nos veñen á cabeza cando intentamos pensar nun só deles, pero algún ten que ser, por algún motivo, o que sexa, e se ves que tes dous ou tres aos que nin queres nin podes renunciar, xa sabes, envíanolos todos e asunto arranxado...

Para facelo só hai que baixar o documento que aparece nesta entrada, completalo seguindo as instrucións que nel aparecen e envialo ao correo do segrel (osegreldopenedo@gmail.com) antes do xoves día 19 deste mes para que o luns 23 poidan estar na exposición.

Agardamos a vosa participación.

Grazas!!

Baixar o documento Clica na ligazón, abrirase o documento, clica en "download" e xa o terás no teu equipo. Sigue as intrucións e envíanolo ao correo do Segrel.

venres, 6 de abril de 2012

martes, 3 de abril de 2012

Mingote "In Memoriam"

Esta é a nosa pequena homenaxe a un dos grandes dibuxantes españoles que, coa súa fina ironía, soubo retratar a historia do país durante a segunda mitade do século XX.

"Yo no trabajo con inspiración, trabajo con reflexión"



luns, 2 de abril de 2012

Día Internacional del Libro Infantil

A nosa suxestión para este día e para sempre... "Mis abuelos y yo"
Unha aventura persoal onde os avós son os protagonistas

Un álbum de Ángels Farré, ilustrado por Noemi Villamuza, que trata de que avós e netos constrúan xuntos a súa propia historia, facendo aos avós pescudar nas súas lembranzas aqueles acontecementos e sentimentos que teñen marcado a súa vida. Unha aprendizaxe para os pequenos sobre a experiencia de quen os quere e cuida. Unha fermosa proposta de escritura compartida chea de emoción e tenrura.

Cartel e Mensaxe para conmemorar o Día do Libro Infantil


OEPLI

domingo, 25 de marzo de 2012

Xuntanza Gastronómica en Vide!!

Unha das nosas paixóns é a biblioteca escolar e como unha parte máis da biblioteca escolar, as xuntanzas gastronómicas coas responsables dalgunhas das mellores bibliotecas escolares galegas que, para o caso, é como dicir, das mellores do Estado. Este sábado tocaba repetir experiencia culinaria en As Neves para lembrar o sabor da lamprea en rolo (seca e cortada coma se fora fiambre). Mais este ano abandonamos o restaurante e dirixímonos, tras visitar a escola unitaria de Vide, á Casa da Auga, na parroquia de Vide, concello de As Neves.

A mestra, as mestras e as súas nais (as da escola, se entende) preparánronnos, con todo o amor do que é posible agasallar, un eterno xantar a base de empanadas, canapés, tortillas (ovos caseiros, con patacas, con xamón, con chourizo…) tortas de verduras, queixo, paté e logo, a lamprea con diversos tipos de ensaladiñas. De sobremesa: ademais duns fenomenais biscoitos, un licor café inconmensurable.

Tras o xantar, principiou a festa: dúas horas de música ao vivo a cargo das Pandereteiras de Vide. Impresionantes… cada ano fano mellor, aínda que nos pareza incrible. Como agradecer tanta xenerosidade?, tanta paixón polo "público"?, polo colectivo?

E que dicir desa mestra… desa FUNCIONARIA (así en maiúsculas, con orgullo do que somos, do noso traballo, e de para quen facemos o que facemos) que non sabe onde remata o seu traballo e principia a súa vida… que neste sábado parece que traballa e cando o luns abra o local de traballo seguro que parece que está de vacacións e feliz de convivir cos cativos na súa escola… E que escola…. Se hai que facer (¿) recortes que, por favor, a esta unitaria non a toquen.

Grazas Sabela. Grazas Lourdes. Grazas pandereteiras. Ata a próxima!




Artigo de Zapas do 42

venres, 23 de marzo de 2012

mércores, 21 de marzo de 2012

Educar (Gabriel Celaya)

Educar



Educar es lo mismo
que poner motor a una barca…
hay que medir, pesar, equilibrar…
… y poner todo en marcha.
Para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino…
un poco de pirata…
un poco de poeta…
y un kilo y medio de paciencia
concentrada.

Pero es consolador soñar
mientras uno trabaja,
que ese barco, ese niño
irá muy lejos por el agua.
Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes,
hacia islas lejanas.

Soñar que cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos seguirá
nuestra bandera
enarbolada.



Gabriel Celaya


Micropoemas



Micropoemas I from cocoe on Vimeo.

luns, 19 de marzo de 2012

Bicentenario de "La Pepa"


Hoxe, 19 de marzo, celebramos o bicentenario de "La Pepa".
Se queredes ter máis información só tedes que navegar por este fantástico Popplet.
Dende O Segrel, o noso agradecemento á súa autora Begoña López Soto, coordinadora da Biblioteca do IES Fernando Esquío

sábado, 17 de marzo de 2012

Gabriel García Márquez toda unha lección!!

Gabriel García Márquez, premio Nobel de Literatura, ven de crear unha páxina en internet dende a que se poden descargar, de xeito gratuíto e legal, todas as obras e artigos deste autor universal. Toda unha lección ...!!


Vía

venres, 16 de marzo de 2012

venres, 9 de marzo de 2012

xoves, 8 de marzo de 2012

Día da Muller VI (Israel e Cisjordania)


Rematamos este percorrido polo mundo no Oriente Próximo coas mulleres de Israel e Cisjordania.

Día Internacional da Muller V (Noruega)


Chegámonos ao continente europeo e comezamos polos países nórdicos, por Noruega

Día Internacional da Muller IV (Canadá)


No noso percorrido polo mundo saltamos o charco e achegámonos ao Canadá

Día Internacional da Muller III (Nepal e Tibet)


No noso percorrido polo mundo pasamos ao continente asiático e achegámonos ás condicións de vida das mulleres de Nepal e do Tibet

Día Internacional da Muller II (Exipto)


Seguimos o noso percorrido polo mundo no continente africano e nesta ocasión achegámonos ás condicións de vida das mulleres exipcias

Día Internacional da Muller I (Etiopía)


Hoxe, Día Internacional da Muller, dende O Segrel queremos facer a nosa pequena homenaxe a todas as mulleres que en calquera parte do mundo están a loitar por sobrevivir, por facer deste un mundo mellor e máis xusto.

Por todas elas, por todas nós!!


Faremos un percorrido achegándovos ás condicións de vida das mulleres de distintos países e comezamos polo continente africano, coas femosísimas, fortes e loitadoras mulleres etíopes.

mércores, 7 de marzo de 2012

Roteiro polas Bibes Ferrolterra (VIII) - IES Fragas do Eume

O martes 14 de febreiro, vaia data máis agarimosa, non si?, e como ven sendo habitual dende hai xa algúns anos, o grupo de bibliotecas escolares do Plambe-Ferrolterra reunímonos para coordinar actividades, colaborar en proxectos..., en definitiva compartir experiencias e, nesta ocasión, compartimos tamén unha fantástica cea servida polo alumnado do Ciclo Superior de Hostelería do IES Fragas do Eume, centro ao que lle tocaba organizar a reunión e Glarifa, a coordinadora da biblioteca, vaia que se a organizou, tan alto deixou o listón que agora non hai quen quera facer a seguinte... ¡!

Foi un exquisito menú típico da época:

Entrantes (táboa de queixos galegos, empanada de zamburiñas e bacallau, minipreñados de chourizo, chulas de cabaza con anchoa, crema de cabaza e bocados de tortilla) e un delicioso cóctel.

Cocido galego regado con Rioxa Vinestral e Albariño Xelmírez

Postres de Entroido (filloas recheas, orellas e frores de entroido), Petiscos doces de San Valentín (froitas da paixón, crema catalana e mousse de fresa) e fondue de froitas, café e licores.

Hmmmmm, todo estaba delicioso!! Os nosos parabéns a profesorado e alumnado polo seu magnífico traballo. Quedamos convidados!!

Pero esta cita, como non podía ser menos, comezou cun percorrido pola biblioteca escolar. Unha biblioteca moi ampla, con espazos ben diferenciados á que non lle falta detalle algún.


Para nós foi un verdadeiro placer a visita ao Fraguas do Eume e por suposto en compañía das bibliotecas escolares da comarca.


sábado, 3 de marzo de 2012

Javier Bahón e as Intelixencias Múltiples.

O pasado mércores remataron as Xornadas de Innovación Educativa que o CFR de Ferrol organizou este curso. Dende O Segrel xa fixemos mención tanto aos fantásticos poñentes como á organización das Xornada.

O pasado mércores tivemos a oportunidade de asistir á Conferencia-coloquio "Achegamento ás CCBB a través das intelixencias múltiples" impartida polo profesor D. Javier Bahón Gómez director da "Fundación Nuevas Claves Educativas". Extraordinario !!


Fixo especial fincapé no fundamental que é, para o futuro dos nosos nenos e nenas, a etapa de 0 a 6 anos ("
non podo deixar de pensar en alguén que debería ter asistido a esta ponencia, coido que algo tería aprendido...")

Animounos a facer o noso perfil de destrezas para ver en que temos fortalezas e onde están as nosas debilidades e comparalo cos perfís do noso alumnado e deste xeito poder comprobar que todas as persoas somos moi similares, que en moitos aspectos, en moitas intelixencias, haberá rapaces que estean por enriba de nós, polo que lonxe de estar sacrificando o seu futuro, o que temos que facer é coñecer en que son fortes e axudalos, porque o mundo desenvólvese con todas as fortalezas e o éxito na vida non sempre é o éxito escolar…

Para axudarnos a actuar coas distintas intelixencias presentounos unha caixa de ferramentas. Unha serie de ferramentas que van máis aló do que é a instrución común, non só a aprendizaxe de contidos senón a aprendizaxe de destrezas, a aprendizaxe de sistemas para pensar, e de pensar con destrezas, para pensar con razóns. (Plantilla aplicación IM)

Magoa non ter a gravación desta ponencia que comezamos a ritmo de Aretha Franklin e rematamos despois de tres horas do máis interesantes, pero achegámosvos dous vídeos que vos recomendo (1), (2).

Velaí tedes a Howard Gardner, Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais 2011 quen, hai xa máis de dúas décadas, revolucionou a psicoloxía coa súa teoría das intelixencias múltiples.


Gardner, Howard "Arte, mente y cerebro. Una aproximación cognitiva a la realidad"


venres, 2 de marzo de 2012

Os Nosos Venres Musicais (LXVI)

Related Posts with Thumbnails