Hoxe, martes 30 de maio, realizamos unha visita á Cidade da Coruña co alumnado de 3ºESO.
Como complemento da visita á RAG e á Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán, o alumnado realizou un percorrido previo pola cidade vella da Coruña.
Como complemento da visita á RAG e á Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán, o alumnado realizou un percorrido previo pola cidade vella da Coruña.
Comezou a andaina no castelo de
San Antón, fortaleza defensiva do s. XVI, cárcere e actualmente, museo
arqueolóxico. O seguinte punto foi o Xardín de San Carlos, co sepulcro de John
Moore onde se leu o poema de Rosalía a el dedicado.
Despois visitamos a praza de Sta.
Bárbara, a colexiata de Sta. María e a Praza de Azcárraga (antiga praza da
fariña). Tamén lemos uns poemas diante da casa na que viviran Rosalía e Murguía
no 1870.
Xa pola tarde, mentres a metade
do grupo visitaba a exposición de Urbano Lugrís, a outra metade percorría os
Xardíns de Méndez Núñez parándose diante dos monumentos dedicados a Curros Enríquez,
Castelao, Pondal, Murguía e Pardo Bazán. En
cada un deles léronse textos dos correspondentes autores, e para rematar
este fantástico roteiro pola cidade vella da Coruña, cantamos o mítico tema
Imagine, diante do monumento a John Lennon.
Clicar na imaxe para ir ao álbum
Ningún comentario:
Publicar un comentario