O pasado xoves, 18 de maio, O Segrel celebrou o Día das Letras adicado, este ano, á figura de Carlos Casares. E que mellor xeito de achegarnos á figura deste grande das nosas letras que a través da persoa de Ramón Loureiro.
Durante case dúas horas, que se nos fixeron ben curtas, Ramón foi quen de facer posible que sentíramos a Casares ben preto de nós. E a maxia foi posible a través das súas palabras, en moitas ocasións emocionadas, que amosaron a fonda amizade e a grande admiración que Ramón sentía e sente polo escritor, pero sobre todo pola persoa de Casares de quen dixo era "moi bo e xeneroso, unha grande persoa".
O encontro foi presentado por Carlos Ardá e Sabela Seco (3ºESO). E rematamos cunhas fermosas lecturas a cargo de Ramón, que leu un dos artigos de Casares, e de Anxo Cabrero (3ºESO) que leu "Deus sentado nun sillón" do libro Casares escrito por Ramón e que remata así...
"[...] Casares conseguiu que hoxe siga tendo, ademáis dunha lingua, esperanza.
E eu non sei se haberá mil primaveras, esas mil primaveras que Cuqueiro ansiaba, pero estou convencido de que aínda nos quedarán varias. E de que é, por iso, non por ninguna outra razón, polo que os paxaros cantan."
Graciñas Ramón, por facer posible que a túa emoción tocara o noso corazón.
A reportaxe dese encontro tan especial no Segrel (Clicade na foto).
Caricatura de Casares obra do debuxante Santy Gutiérrez
Ningún comentario:
Publicar un comentario