Onte, día 24 de Febreiro, no Segrel, ao longo da mañá, a rapazada da ESO celebrou, como non podía ser menos, o Día de Rosalía cunha festa chea de música e poesía.
Abriuse o acto coa Alborada de Rosalía de Daniel Bellón, un dos mellores gaiteiros de Galicia e antiguo alumno do IES de Fene, escoitamos tamén "A xusticia pola man" na voz de Aid, do seu disco Rapoemas, e despedímonos con "Negra Sombra" na versión de Luz Casal e Carlos Núñez.
Os grupos de 1º ESO fixéronnos un fermosísimo regalo, Julián cantou a capela, e marabillosamente ben, por certo, "Adios ríos, adios fontes". Un gran día no que descubrimos unha fermosa voz que teremos moi en conta para próximas celebracións. (Podedes escoitalo en Radio Barullo)
Velaí tedes a nosa escolma poética: Unha escolma que comeza co poema "Cantigas dun verán avesío" dedicado a Rosalía por Xosé María Pérez Parallé (O Segrel do Penedo), e remata co poema "A Rosalía" de Manuel Curros Enríquez

Logo da lectura de poemas, houbo quen tamén quixo participar nos "Selfies" #euRosalía. Que nos gustou moito esa proposta. Fantásticos!!
Así foi como sucedeu parte da xornada...
Ningún comentario:
Publicar un comentario