E tras o fotocol de Gústame o Galego, tendo en conta que as Letras Galegas 2013 adícanse a Roberto Vidal Bolaño, un dos grandes dramaturgos do teatro galego, toda a ESO marchou ao Círculo Mercantil de Fene, onde o grupo xuvenil de teatro "Xosé María Pérez Parallé" representou a obra, "As Bruxas da Pena de Montille", na que parte do elenco, - Aldara (protagonista), Silvia, Victoria, Andrea (bruxas) e José Carlos - son alumn@s de 4º da ESO do noso centro.
A obra, adaptada e dirixida por Carlos Basoa, foi todo un éxito. Dende O Segrel, os nosos parabéns á rapazada, estiveron fantásticos e, por suposto, ao seu director, un home que leva moitos anos traballando na difusión do teatro entre grandes e pequenos do noso Concello.
Clicar na imaxe para ir ao álbum fotográfico
2 comentarios:
Seguro que os actores o fixeron fenomenal e os espectadores disfrutaron moito. Un saúdo.
Os actores fantásticos e o público disfrutou moitísimo. De feito, xa houbo quen amosou o seu interese por entrar a formar parte deste grupo de teatro. Que máis se pode pedir?
Publicar un comentario