venres, 17 de decembro de 2010

A Noticia do Premio Espállase !!

O Concello de Fene moi implicado na difusión do premio conseguido por "O Segrel do Penedo". Pero este non é un feito que nos sorprenda, xa que sempre sentimos o recoñecemento ao noso traballo e o seu apoio e colaboración en todas e cantas iniciativas lle propuxemos dende o centro.

RadioFusión, nada máis coñecer a noticia, fíxonos unha entrevista. Uns minutos entre clase e clase foron suficientes para intentar contarlle aos veciños do concello, a pesar dos moitos nervos, o que nos estaba a acontecer, a inmensa alegría que viñamos de recibir. Se entrades en Radio Barullo podedes escoitala.

A concellería da Cultura, a través da súa páxina web, tamén espalla a noticia.

Como podedes comprobar, no concello celebraron este premio como algo propio, como así é. E nós contentísimos e orgullosos deste recoñecemento á nosa tarefa cotiá. Como nos dicía o alcalde na súa felicitación, enviada a través do seu perfil en facebook, " [...] os recoñecementos sempre dan folgos para seguir adiante" e nesa estamos, dispostos a seguir adiante, con "máis folgos" se cabe...

E, como non podía ser menos, na páxina web do IES de Fene tamén contamos a nova... que nos sentimos ben orgullosos e queremos facervos partícipes de tan extraordinaria noticia.

Moitísimas grazas a tod@s!!

2 comentarios:

Encarna dixo...

Canto nos alegramos tamén dende o CEIP de Andrade, aínda que personalmente xa vos transmitín os meus parabéns, quero facervos chegar as felicitacións de toda a Comunidade Escolar, en nombre de tod@s NORABOA polo recoñecemento ao traballo ben feito.
Unha grande aperta.

O Segrel do Penedo dixo...

Grazas mil polo voso agarimo. Sabemos que este premio sentídelo tamén como voso, porque é o recoñecemento ao magnífico traballo que se está a facer nas Bibes Galegas. Este ano os premios MEC falarán Galego!!

Related Posts with Thumbnails