sábado, 11 de decembro de 2010

Obradoiro de Manga na Bca. Municipal

Como todos os cursos, na formación d@s nos@s usuari@s non pode faltar unha visita á biblioteca municipal, onde Sonia Iglesias, a bibliotecaria, sempre nos ten un fantástico agasallo. Nesta ocasión foi un obradoiro de manga da man de Marisa Irimia, prestixiosa ilustradora, contacontos... galega, que foi todo un achádego para nós.

Marisa fixo unha exposición moi didáctica -que clariño lles deixou a necesidade de utilizar as distintas fontes de información para documentarse moi ben e poder realizar os magníficos traballos do que é autora-. Toda a información que nos presentou estaba marabillosamente documentada e ilustrada e a parte práctica foi, iso, moi práctica. Marisa estivo con todos e cada un dos rapaces e rapazas axudándolles na creación dos seus personaxes, dándolles consellos, facéndolles bocetos... Unha extraordinaria profesional que nos deixou convidados para organizar outro encontro con ela.

Parabéns a Marisa e gracias a Sonia, a nosa "Bibliotecaria favorita"

Ningún comentario:

Related Posts with Thumbnails