venres, 30 de xaneiro de 2009

30 de Xaneiro. Conspiración pola PAZ !!!

  • PAZ?????????????
  • PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
  • PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
  • PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.
  • Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.
  • Utopía imposíbel.
  • Palabra que xera poesía.
  • Poesía? Poesía e Paz.
  • Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.

    Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.

    Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.

  • Tanques de algodón
  • Armas de caramelo
  • O noso soño
  • O noso desexo
  • A nosa conspiración.


AS POTENTES "ARMAS" DOS EXERCITOS ALIADOS


OS "DISPAROS" DENDE "O SEGREL DO PENEDO"

"Soldado" (Celso Emilio Ferreiro)

"Guerra e Paz" (Sofía M. Colaço)

"Belchite" (Miguel Labordeta)

"Think of Others" (Mahmoud D)

"Als die Nazis..." (M. Niemöler)

"Txoria Txori" (Mikel Laboa)

"Txoria Txori" (Mikel Laboa)

"Podries..." (Joana Raspall)
Albert, Mariona, Clara, Núria P., Núria S., Àurea, Sara, Laia, Rkia y Eloy


TAMÉN SE CONSPIRA DENDE:
Blog da biblioteca do IES Alexandre Bóveda. Vigo.
O Segrel do Penedo. IES de Fene. Fene. A Coruña. `
Mesturas. IES Sánchez Cantón. Pontevedra.
Bibliobelesar. CEIP de Belesar. Belesar. Pontevedra.
Biblioandrade CEIP de Andrade. Pontedeume. A Coruña.
Bemilladoiro. Biblioteca do Ceip. Milladoiro. Malpica. A Coruña .
Biblioteca Olhos Grandes IES Nosa Señora dos Ollos Grandes . Lugo
Biblioteca do CEIP de Pazos. CEIP de Pazos. Ferrol. A Coruña.
Biblioteca do cole. CEIP Quintela de Moaña. Pontevedra .
Cadernos de Vide. Escola Unitaria de Vide. As Neves. Pontevedra.
Biblioteca Brea Segade. C.E.P. Xose Mª Brea Segade. Taragoña. Rianxo.
Biblioteca IES de Sanxenxo. Sanxenxo. Pontevedra.
Biblioteca IES R. O. do Uruguai. IES República O. do Uruguai. Vigo.
Biblioblogreboreda. Ceip Santo Paio de Abaixo, Reboreda. Pontevedra.
Biblioteca Colexio de Cervo. CEIP de Cervo. Lugo.
Bibliochispi. CEIP A Laxe-Marin. Pontevedra.
Participa tamén neste proxecto o blog Trafegando Ronseis
Tres Tizas. IES Emilio Campuzano. Bilbao
Biblioteca CEIP Sant Jordi. Lleida

8 comentarios:

olga dixo...

Quédanos a palabra!!!
¡E, que ben se entenden moitas voces xuntas que dicen o mesmo!

Anónimo dixo...

Boísimo traballo de todas as bibliotecas escolares galegas e doutros lugares que están a conspirar pola PAZ, encántame os audios. Grazas Loly por existir, eres un remanso de paz, que fai abrir os ollos e as conciencias.
Nos, dende Arzúa, publicaremos a presentación,aínda que non participasemos directamente... Por eso reitero as miñas grazas por un traballo ben feito e sobre todo FERMOSÍSIMO.

Marcos Cadenato dixo...

Muchas felicidades desde Bilbao por la iniciativa y muchas gracias por dejarnos participar un poquito. A mí me ha encantado poder añadir un granito de arena y mis alumnas les ha gustado muchísimo la experiencia y lo bien que lo habéis montado todo. ¡Están flipando...! Eskerrik asko!

Beni dixo...

Felicidades, non só polo traballo (in)cansable, senón tamén pola cantidade de disparos.

Loly dixo...

Olga, a unión fronte a obxectivos comúns sempre acada os mellores resultados.
Marina, como que non participáchedes? Non é un fermoso xeito de participación ben xenerosa dar voz a esta conspiración a través do voso magnífico blog?
Marcos, gracias por permitirnos ser la voz de nuestro querido pueblo vasco.
Beni, cantos e que fermosos disparos dende as nosas bibes!!
Bicos para os catro. Grazas por estares sempre aí.

Antonio Martínez dixo...

Con certo retraso, de verdade que estou traballando e non correndo, quero felicitarte, felicitar aos alumnos e alumnas de Fene, e felicitar a todas Bibes polo extraordinario traballo realizado.
Bicos pacíficos.

Bibliobelesar dixo...

Qué bonito agasallo neste Dia ! Noraboa a todos os poetas e poetisas do Segrel!

O Segrel do Penedo dixo...

Toño foi moito traballo, sábelo, pero que vimos compensado esta mañá falando cos rapaces na aula, cantando, lendo poemas e tendo moi claro que podemos e debemos facer algo e nesas estamos.
Grazas Adelaida, a poesía é un fermoso agasallo.

Related Posts with Thumbnails