sábado, 17 de xaneiro de 2009

Israelís Comprometidos (I)

Vía o magnífico blog amigo Mesturas queremos que coñezades o compromiso de moitos israelitas coa causa do pobo Palestino. Onte falabamos de Daniel Barenboim e a súa orquesta, hoxe presentámosovos dúas organizacións, unha de mulleres e outra de artistas que piden o fin da guerra e a represión, co que iso supón para eles...

Machsom Watch.
Existe desde 2001. É unha organización de mulleres israelís contra a ocupación dos territorios e a sistemática represión da nación palestina. Reclaman liberdade de movemento dentro dos territorios e o final da ocupación que destrúe a sociedade palestina e tanto dano causa á sociedade israelí. Estas admirables mulleres gravan, filman e testemuñan diariamente, hora por hora, todo tipo de vexames e abusos . Logo difunden ese material a través de internet porque é imposible facelo doutro xeito dentro do seu propio país. É evidente o risco que esta actividade implica para elas.

Drafted Art.
É unha iniciativa que parte dun grupo de artistas israelís. Este é parte do seu manifesto
“...Opoñémonos á guerra. Moitos de nós asinamos peticións, participado en manifestacións e distribuído información esencial a través dos medios de comunicación e da rede. Aínda que son accións significativas só serven para acentuar o noso sentimento de impotencia. Non hai resposta máxicas. Cada acción é só un paso no camiño á revolución. Esta exposición é unha petición que consiste en sinaturas visuais, en lugar de só nomes.
Usamos fotos, cómics, videos, cuadros... Utilizamos a nosa creatividade para loitar contra a guerra”


Created with Admarket's flickrSLiDR.

Vía Iniciarte

Ante o papel que están a desenvolver xentes tan valentes, non podemos evitar lembrar as palabras de Martin Luther King

"A nosa xeración non se terá lamentado tanto dos crimes dos perversos, como do estremecedor silenzo dos bondadosos"

Esta entrada a queremos adicar a eses "bondadosos israelitas" que non deixan de berrar "Basta Xa!!"

Ningún comentario:

Related Posts with Thumbnails