xoves, 14 de xaneiro de 2010

Non hai que fiarse das apariencias !!

Os que me coñecedes sabedes da miña fobia polos "marditos roedores!!", e síntoo ben, pero seique non hai nada que facer ao respecto...

Pero non é esta fobia a que me leva a traervos este fantástico corto no que o protagonista é un "inofensivo ratiño"...

Non o deixedes pola mitade, resistide ese "mal trago" e aínda vos habedes rir un "ratiño". Ánimo, paga a pena!!


Por certo o seu creador é John Nolan que non ten nada que ver coa industria quixeira, senón que é un verdadeiro xenio traballando con animatronics, como podedes ver neste suposto anuncio de queixos protagonizado por un ratorobot... Xa volo teño dito. "Non hai que fiarse das apariencias"!!

martes, 12 de xaneiro de 2010

Playing for Chance

Re-Conectar o mundo a través da música
Re-Interpretar o mundo no que vivimos
Re-Ivindicar o noso propio ritmo
Re-Cuperar o tempo do planeta

Son algúns dos obxectivos de "Playing for Change" o grupo de músicos da rúa que xa vos presentamos hai un ano e que o pasado mes de decembro estiveron de xira por Sevilla e Madrid.

Hoxe, queremos que disfrutedes destes marabillosos músicos acompañados por artistas como Raphael, Pitingo, Rosario Flores, Antonio Carmona, Amaia Montero, Kiko Veneno, Nena Daconte e Alejandro Sanz.



«A música ten o poder de derrubar fronteiras e achegar pobos. Non importa de onde sexa a xente. Tanto ten a súa condición xeográfica, política, económica ou espiritual. A música ten a capacidade de xurntármonos a todos como unha única raza»

"Porque a música non sabe de razas nen fronteiras pode levar a Paz polo Mundo"

Mark Johson (Creador de Playing for change)
Os Músicos de Playing for Change

Playing for Change Facebook

Playing for Change Twitter

Canle You Tube Playing for Change

Playing for Change Foundation

domingo, 10 de xaneiro de 2010

Al Dente


Un agasallo para que volvades ao traballo con moitas forzas e enerxías renovadas.

"Al Dente" é un fermosísimo vídeo que nos conta as aventuras dunha pequena vagabunda que descobre a maxia e os perigos da cociña dun ogro amante da música.

Os autores desta pequena obra de arte son Jean-François Barthelemy, Maël François e Carlos Felipe Leon Ortiz de Supinfocom

Disfrutadea !!



Atopámola en Más que libros, un dos nosos blogues amigos.

sábado, 9 de xaneiro de 2010

IV Premio Espiral Edublogs

Vía Twitter, enterámonos de que se convoca o IV Premio Espiral Edublos - 10 .

Outro ano máis están aquí @s amig@s de Espiral Edublogs e nesta ocasión cunha magnífica noticia para tod@s nós, a creación dunha categoría para Blogs de Bibliotecas Escolares.

As presentacións poderán facerse dende o 20 de xaneiro ata o 28 de marzo. Dende O Segrel animamosvos a tod@s a que vos presentedes. É un magnífico xeito de amosar canto e que bo se está a facer nas Bibes Galegas 2.0 (Infantil e Primaria / Secundaria).

Toda a información do premio

Formulario para enviar o voso blog (Estará operativo a partir do 20 de xaneiro)

O Blog do Premio

Blog das Candidaturas

Twitter Edublogsespiral

ÁNIMO E MOITA SORTE!!!

venres, 8 de xaneiro de 2010

Tic-Tac de Kalandraka


O pasado sábado día 2, acudimos á Galería Sargadelos de Ferrol para asistir á presentación de Tic-Tac, o libro disco que a editorial Kalandraka acaba de sacar ao mercado.


Durante unha hora os máis pequechos disfrutaron escoitando historias como "Un, dous, tres, que ves?", "O poliño da abeleira", "Chibos, chibóns", "Crocodrilo se namora" e por suposto cantando e bailando as cancións de Tic-Tac co seu autor Pablo Díaz. Ademais de aprender como Marc Taeger fixo as ilustracións usando a técnica do linogravado.


Velaí tedes como o pasaron, bueno, como o pasamos!!


Un xeito fantástico de comezar o ano, con libros, lecturas, música... toda unha festa!!

No blog K, outra crónica da xornada

mércores, 6 de xaneiro de 2010

Aprendamos a voar !!

Este é o noso agasallo para todos e todas vós, un dos mellores vídeos de Vimeo do 2009.

O tempo voa, aprendamos logo a voar e fagamos que ese voo sexa unha experiencia realmente marabillosa para tod@s.

Fagamos deste mundo un lugar mellor!!

Timescapes Timelapse: Learning to Fly from Tom Lowe @ Timescapes on Vimeo.

luns, 4 de xaneiro de 2010

Que non falte a música !!

Que non falte a música...

Nin as gañas de ser feliz e

de facer felices aos demais!!

venres, 1 de xaneiro de 2010

xoves, 31 de decembro de 2009

Feliz 2010 !!

xoves, 24 de decembro de 2009

FELICES FESTAS

martes, 22 de decembro de 2009

Homenaxe a Daniel Bellón

Hoxe, o IES de Fene vestiuse de festa na xornada de celebración de fin de trimestre para homenaxear a Daniel Bellón, un dos nosos antigos alumnos e que aos seus 24 anos posúe un dos curriculums máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia, sendo o gaiteiro máis laureado da historia, avalado por máis de 40 premios no seu haber.

Neste acto de homenaxe, Daniel, acompañado por Diego Maceiras, magnífico acordeonista co que formou 0 dúo BellónMaceiras no ano 2005, deleitounos cun pequeno concerto tras o que se descubriu a placa, obra do recoñecido ceramista Francisco Pérez Porto, que no seu honor dará nome á aula de música.

Ao emotivo acto asistiron o alcalde de Fene, Iván Puentes, o ex-alcalde Xosé María Rivera, profesorado, alumnado, pais, nais e outros membros da nosa comunidade educativa.

Grazas Daniel por ser un magnífico exemplo de que con esforzo e tesón se poden acadar metas e facer realidade os soños. Dende "O Segrel do Penedo", e declarada xa hai tempo a nosa admiración, desexámosche todo o mellor.


Axiña teredes a reportaxe en Radio Barullo

Suxestións de Lectura para o Nadal

AS NOSAS SUXESTIÓNS PARA UN NADAL DE LECTURAS COMPARTIDAS !!


domingo, 20 de decembro de 2009

ALFIN e Avións de Papel con Antón Cortizas

O pasado venres, e por mor do "suposto" temporal do mércores, rematou no CFR de Ferrol o curso "Proxectos Lectores. Biblioteca Escolar, espazo para a lectura II" no que un grupo de profes de Ferrolterra puidemos non so formarnos senon tamén disfrutar coas ponencias de profesionais como Cristina Novoa, Sabela Lahuerta e Begoña López Soto (das que sobran presentacións...); Antonio Martínez, especialista en Plans de Lectura e Lectura e familia e organizador da iniciativa "Ler xuntos" da comunidade de Aragón; Julián Pascual, profesor da Universidade de Oviedo que nos falou de Estratexias de Comprensión lectora e de quen vos achegamos unha fermosísima escolma de textos; Mª Jesús Rodríguez Rodríguez, responsable da web "Leer y Vivir" -a quen lle debemos a idea do Grupo de Traballo no que estamos inmersos o grupo de profes de O Segrel do Penedo e do que vos daremos cumplida conta máis adiante- e Antón Cortizas, mestre, escritor e amigo, que nos presentou unha fantástica, ademáis de divertida, actividade de fomento da lectura e que hoxe queremos achegarvos.

Partindo dun marabilloso texto da súa autoría "Avións de Papel" realizamos un exhaustivo traballo de busca de información. Antón propúxonos ata 10 tarefas distintas que tiñan que ver con outros tantos temas como a literatura, a música, a arte, mesmo cuestións técnicas da aviación convencional, para rematar coa construción de canda seu avión de papel que decoramos cun fermoso Haiku.
Avións de papel
palabras que lembran
camiños no vento
E como non podía ser menos, a xornada rematou coas pertinentes probas de voo.
Grazas Antón, "Aprender a aprender" contigo sempre é ben divertido!!


E dado as datas nas que nos atopamos, decidimos rematar o curso cun bo café e uns doces, que non todo vai ser traballar, non si?.

Feliz Ano compañeiras -e compañeiro, como de costume só había un...- foi un pracer compartir aprendizaxe con todas vós.

mércores, 16 de decembro de 2009

Ano internacional da astronomía

Os médicos din que xa estou ben, que superei a obsesión polo baile. Hoxe entraron na habitación moi sorrintes e dérome a alegría: “Se puede ir a casa!! Pero, ya sabe, nada de música!! Je, je..” Pedinlles permiso para usar un ordenador e facer esta entrada antes de marchar. Quérolla dedicar a todo o persoal médico que me atendeu. Grazas a todos. Apetéceme despedirme da clínica e deste ano 2009 falando de astronomía, da orixe do universo...



das estrelas...


e de como todos somos irmáns.

sábado, 12 de decembro de 2009

Música e Dereitos Humanos

"SE NON FORA POLA MÚSICA HABERÍA MÁIS RAZÓNS PARA TOLEAR"
Tchaikovsky


venres, 11 de decembro de 2009

Poemas a Prol dos Dereitos Humanos

"A POESÍA É UN ARMA CARGADA DE FUTURO"
Gabriel Celaya


Click to launch the full edition in a new window.

mércores, 9 de decembro de 2009

Prensa e Dereitos Humanos

Actividade que se está a desenvolver no noso instituto dende a pasada semana e que ten como obxectivos principais:
  • Promover o hábito da lectura diario dos xornais
  • Fomentar o xuízo crítico
  • Aprender a constrastar informacións e opinións
  • Facilitar a selección de información
  • Acercar a realidade social ao noso alumnado
  • Introducilos nos xornais dixitais
  • Coñecer e usar con espírito crítico as novas tecnoloxías da información e a comunicación
  • Contribuír mediante a lectura dos xornais a un maior dominio da lingua
  • Coñecer e valorar os Dereitos Humanos
  • Rexeitar calquera forma de violación dos mesmos
Metodoloxía:
  • Colocar as oito categorías dos DDHH nos cortizos da zona de exposicións
  • Ler os xornais diariamente e seleccionar as noticias que falen sobre a violación dos DDHH no mundo
  • Recortar as noticias elixidas e colocalas baixo o cartel do dereito contra o que atentan
  • Expoñer e debater na aula as opinións e xuízos con argumentos razoados.

martes, 8 de decembro de 2009

A Frase do Mes


-"Si sigue todo recto por Broadway, encontrará la librería Strand. Si le sobran otros dos minutos, ¿podría dar una vuelta por las estanterías por mí? Hace tanto tiempo que sueño con eso..."
- "¿Quiere que le traiga algún libro en concreto?"

- "No. Sólo el ambiente... Entre, vaya hasta el fondo a la derecha, allí donde están las biografías, mírelo todo con atención y respire pensando en mí..."

Crédito Imaxe

Gavalda, Anna: El Consuelo

luns, 7 de decembro de 2009

domingo, 6 de decembro de 2009

Día de la Constitución

Artículo 20.

1. Se reconocen y protegen los derechos:

A expresar y difundir libremente los pensamientos, ideas y opiniones mediante la palabra, el escrito o cualquier otro medio de reproducción.
A la producción y creación literaria, artística, científica y técnica.
A la libertad de cátedra.
A comunicar o recibir libremente información veraz por cualquier medio de difusión. La Ley regulará el derecho a la cláusula de conciencia y al secreto profesional en el ejercicio de estas libertades.

2. El ejercicio de estos derechos no puede restringirse mediante ningún tipo de censura previa.

3. La Ley regulará la organización y el control parlamentario de los medios de comunicación social dependientes del Estado o de cualquier ente público y garantizará el acceso a dichos medios de los grupos sociales y políticos significativos, respetando el pluralismo de la sociedad y de las diversas lenguas de España.

4. Estas libertades tienen su límite en el respeto a los derechos reconocidos en este Título, en los preceptos de las Leyes que lo desarrollan y, especialmente, en el derecho al honor, a la intimidad, a la propia imagen y a la protección de la juventud y de la infancia.

5. Solo podrá acordarse el secuestro de publicaciones, grabaciones y otros medios de información en virtud de resolución judicial.

venres, 4 de decembro de 2009

Unha de Piratas no CEIP Os Muiños

Hoxe queremos presentarvos un magnífico exemplo de bo facer, de posta en práctica do que ás veces só queda nun mero trámite burocrático.

No CEIP Os Muiños (Muxía), a profe de matemáticas de 6º de primaria decidiu utilizar os recursos que a biblioteca e as novas tecnoloxías poñen ao noso alcance para desenvolver os contidos do currículo.

Este curso o seu proxecto de centro vai de Piratas e os rapaces e rapazas de 6º tamén falan de piratas na clase de matemáticas!!

O seu "Proxecto 2009/10" ten como fío conductor a novela "Os Piratas da Illa da Esperanza" de X. H. Rivadulla Corcón. Velaí tedes aos membros da Tripulación Pirata facendo operacións, calculando superficies, facendo mapas, localizando coordenadas, lendo... Disfrutando mentras aprenden, aprendendo a aprender.

Parabéns a este profesorado realmente comprometido coa súa labor docente!!

Related Posts with Thumbnails