Hoxe queremos achegarvos uns magníficos textos que falan de lectura, do seu fomento, do papel dos mediadores, de como facer lectores, da enorme responsabilidade dos docentes no proceso formativo de rapazas e rapaces, de como transmitir o amor e a paixón pola lectura, do imenso valor do exemplo...
Uns marabillosos textos que veñen refrendados polas persoas que os asinan. Entre eles atopamos a Michéle Petit, Kepa Osoro, Fran Alonso, Miguel Ávila, Xabier Docampo, Luis Landero, Mariano Coronas, José Antonio Camacho, J. García Guerrero, Borges, Rodari, Juan Mata, Daniel Pennac... a maioría deles ben coñecidos por todos nós.
Esta selección foi feita por Julián Pascual, profesor da Universidade de Oviedo, que a semana pasada asistiu como poñente ao curso "Proxectos Lectores. Biblioteca Escolar, espazo para a lectura II" organizado polo CFR de Ferrol para falarnos sobre "Estratexias de Comprensión Lectora" e nos facilitou estes textos. Dende aquí o noso agradecemento e aconsellarvos a todos vós que non deixedes de lelos, como dixo Encarna Andrade39A "Non teñen desperdicio" e asegúrovos que así é.
Crédito das imaxes
3 comentarios:
Non me cabe a menor dúbida.
Trataremos de difundilos e de absorvelos como si dun xarope receitado polo médico se tratase.
Apertas dende Sanxenxo.
Non paras de traballar!
A escolma de Julián Pascual é magnífica; pasamos un bo rato lendo estes textos o outro día, e todas tivemos a sensación, a necesidade, de facernos con eles para lles poder dar publicidade. Hai pensamentos que deben voar, e canto máis, mellor.
Grazas por esta fermosa presentación.
Ese era o obxectivo cando llos pedimos a Julián Pascual e así llo fixemos saber. Queríamos difundilos. Son uns textos para ler, reler, interiorizar e sobre todo para por en práctica.
Bicos lectores!!
Publicar un comentario