luns, 16 de marzo de 2009

Publicidade


Hoxe premiamos a túa fidelidade cun agasallo.

sábado, 14 de marzo de 2009

O Club de Lectura e Cine Palomitas !!

A última sesión de lectura do alumnado do pasado mes de febreiro foi algo diferente ao que soemos facer cada luns que nos xuntamos. Ese día tivemos unha reunión moi especial.

Dende que limos o libro "O neno do pixama a raias" tomamos a decisión de que no momento que saíra ao mercado o DVD da peli, teríamos unha xuntanza especial á que chamamos "Cine palomitas".

O 11 de febreiro, o mesmo día que saiu ao mercado, fomos ao FNAC e mercamos o noso exemplar. Estabamos desexando vela xuntos así que ninguén faltou á cita, nin sequera Laura López que xa a vira coa familia.

O luns 16 de febreiro a biblioteca converteuse no salón da nosa casa e, como adoita acontecer cando vemos unha peli en familia ou cos amigos, a mesa encheuse de palomitas, zumes, patacas fritas e demais chuches aportadas por todos nós.

Foi unha fantástica xornada na que puidemos ver como unha novela é adaptada ao cine, unha xornada na que non só compartimos comentarios, senón tamén moitos sentimentos. De feito pensamos repetila coa peli do libro que estamos a ler "El Señor Ibrahim y las flores del Corán".

Unha experiencia moi recomendable e da que vos deixamos aquí algunhas fotos.

Queremos agradecer a Beni e a Toño a súa xenerosidade compartindo connosco os seus magníficos materiais.

venres, 13 de marzo de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XXXIX)

Lémbranos Toño Martínez que hoxe, hai xa 30 anos, a canción "I Will Survive", símbolo xunto con Gloria Gaynor da música disco, conseguiu ser número 1 en ventas en USA. Ao ano seguinte obtivo o Grammy, o único ano no que se otorgou este premio á música disco.

Gloria Gaynor escribiu este tema despois de superar un cancro de mama, quería amosar as súas gañas de loitar contra esta enfermidade á que conseguiu gañar a batalla. Foi traducida a 20 idiomas entre eles o árabe e aínda hoxe en día seguen a facerse adaptacións, das que vos deixamos aquí alguns exemplos que esperamos disfrutedes.




mércores, 11 de marzo de 2009

Pola Paz



martes, 10 de marzo de 2009

Sacapenas para Gaza (III)

E despois do obradoiro das profes, como xa vos comentei, chegou o dos rapaces e rapazas e aquí os tedes moi implicados na tarefa.

Comezamos con 1º e 4º de ESO.

Fixemos dous grupos, según o modelo que querían facer. Uns elixiron as monecas pequeniñas, e outros as das trenzas.

Logo repartiuse o traballo, uns dedicáronse a montar as monecas cos corpos que xa tiñamos feitos, pero outros dixeron que non, que o que eles querían era aprender a facer toda a moneca, corpo incluído.¡Canto interese amosaron!

Hoxe baixarán os de 2º de ESO e o xoves os de 3º

As monecas están a quedar moi ben, pero o mellor de todo e o entusiasmo e a ilusión coa que están a traballar.

Velaí tedes unha mostra do que están a facer, esperamos que vos gusten...



Actualizado o martes as 19.00 horas

E chegaron os de 2º e non o fixeron nada mal.

Algunha nai non vai crer o que podedes ver nestas fotos...

Como xa vos contamos os Sacapenas sairon do centro e Begoña, membro do noso Club de Lectura de pais, nais e profesorado; nos trouxo un novo modelo de moneca e xa tentamos facer un que non quedou moi mal, non para ser o primeiro...

Como podedes comprobar, no noso centro hai moita xente implicada nesta fermosa iniciativa.

luns, 9 de marzo de 2009

Publicidade

domingo, 8 de marzo de 2009

A Nosa Pequena Homenaxe No Día da Muller

Todas as entradas publicadas ao longo desta fin de semana queren ser a nosa pequena homenaxe a todas esas mulleres, anónimas ou non, que seguen a loitar por unha vida en igualdade, pero tamén para todos vós, Necho, José Manuel, Toño, Antonio, Beni, Enrique, Xurxo, Jose, Xoán, Antonio, Bautista, Alexandre… e tantos e tantos homes estupendos que fan desta fantástica viaxe que é a vida unha andaina marabillosa. Grazas por ir sempre á par de nós!!!




Hagamos un Trato

Compañera
usted sabe
que puede contar conmigo
no hasta dos
o hasta diez
sino contar conmigo

Si alguna vez
advierte
que la miro a los ojos
y una veta de amor
reconoce en los míos
no alerte sus fusiles
ni piense qué delirio
a pesar de la veta
o tal vez porque existe
usted puede contar
conmigo

Si otras veces
me encuentra
huraño sin motivo
no piense qué flojera
igual puede contar
conmigo

Pero hagamos un trato
yo quisiera contar
con usted
es tan lindo
saber que usted existe
uno se siente vivo
y cuando digo esto
quiero decir contar
aunque sea hasta dos
aunque sea hasta cinco
no ya para que acuda
presurosa en mi auxilio
sino para saber
a ciencia cierta
que usted sabe que puede
contar conmigo


Mario Benedetti

Día Internacional da Muller

As mulleres e os homes unidos para eliminar a violencia contra a muller e a nena.

Este é o lema para este ano no Día Internacional da Muller.

"Todos nosotros – hombres y mujeres, soldados y agentes de mantenimiento de la paz, ciudadanos y líderes – tenemos la responsabilidad de contribuir a eliminar la violencia contra la mujer. Los Estados deben cumplir con sus obligaciones de prevenir la violencia, enjuiciar a los perpetradores y proporcionar reparaciones a las víctimas. Y cada uno de nosotros debe hablar claramente en la familia, en el lugar de trabajo y en la comunidad, de modo que cesen los actos de violencia contra la mujer."
Ban Ki-moon, Secretario General de las Naciones Unidas


"Aquelas Costureiras, Aquelas Mulleres"

Anos cincuenta. Un exército bulangueiro de mozas percorre cada mañá os camiños para chegar ó taller no que serán aprendizas e logo, se lles aproveita o aprendido, oficialas e...COSTUREIRAS.

Coas primeiras ganancias mercarán o seu propio medio de producción: a MÁQUINA de COSER. Alfa, Singer, Refrey, Sigma... están nos soños destas mozas que se farán expertas en zurcidos e remendos e en corte e confección (A miña muller/filla ten dúas carreiras, bromeaban os homes) Mozas que se farán contratar por horas ou por xornadas nas casas que poidan pagalo e logo, ó volver ás súa, coserán toda a roupa da familia. O seu traballo ten ademáis un grande valor engadido para a casa pois os seus coñecementos supoñen unha fonte de aforro e, en moitos casos, de ingresos. Desde un pantalón de mahón a un enxoval ou un traxe de noiva... ¡non hai peza que se resista!

Aqueles talleres eran a FP das mulleres galegas. Lugares nos que se sentaban en círculo en sillas costureiras, lugares de charla e de bromas (Vai buscar a pedra de afiar as agullas, era un encargo frecuente para a recén chegada) de complicidades, de rivaliades, lugares de coñecemento moi especializado: multitude de tipos de oxais, de sisas, de cuellos, de petos, de telas...cada un co seu nome propio. Autenticos templos de aprendizaxe. O mundo en feminino.

Traballo senlleiro da conciliación familiar, podía facerse na propia casa. Tódolos fogares tiñan un cuarto da costura cando aínda non era moda que cada fillo tivese o seu dormitorio.. Esta fonte de ingresos, nunca suficientemente valorada, permitiu pagar o transporte dos fillos para ir estudar, pagar a letra do coche, do piso recén adquirido, pagar... Senlleiro tamén en innovación e documentación: da máquina de levar na cabeza, pasaron á de pé e á automática. Calquera costureira era quen de interpretar complexos planos, tamén chamados patróns, e lía con facilidade revistas extranxeiras sabendo que burda significa centro de documentación de moda.

Logo chegou o listo para levar e a confección barata. E foron desaparecendo as tendas de telas e os talleres. Algunhas, tentaron facerlle a competencia á producción industrial etiquetando co seu nome as prendas que saían do seu taller. Pero non sobreviviron.

Hoxe. Cada mañá, un exército silandeiro de mulleres percorre os camiños (agora en coche) para entrar a tempo nos talleres industriais nos que se sentan en filas de costas unhas ás outras, descoñecen o proceso completo da cofección e cobran infrasalarios. Pero están aseguradas. E cosen, en xeral, para unha firma masculina.

Na lembranza de Carme, Maruxa, Tiluca, Victoria, Reme, Loli e todas cantas vos fixeron a roupa.


Texto de Olga Rodríguez (Biblioteca Milladoiro-Malpica). Un texto que quere ser unha homenaxe ás costureiras, traballadoras transparentes que tanto aportaron á economía do País.

Actividades e Recursos para o Día da Muller

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, nas nosas bibliotecas escolares se estiveron a elaborar uns magníficos materiais para traballar dende as aulas e nós, queremos achegarvos algúns deles como estas dúas Webquest nas que podedes entrar picando en cada unha das imaxes e coas que aprenderedes moitas cousas sobre esta data.

Elaborada pola Biblioteca do CEIP Andrade - Pontedeume

Elaborada pola Biblioteca do CEIP Milladoiro - Malpica

Ademáis, en case todas elas organízanse exposicións como a que podedes visitar no noso instituto.

Nesta ocasión quixemos amosarvos o destacadísimo papel da muller no mundo da literatura, da ciencia... ao longo da historia , pero tamén o horror e as humillacións que as mulleres están a sofrir polo simple feito de ser muller e en nome de certas tradicións, relixións...

Ademáis tamén podedes botarlle unha ollada a unha magnífica exposición de libros e películas que tratan a temática da muller e que as tedes á vosa disposición nos fondos da nosa biblioteca.

Para a montaxe desta exposición contamos con catro alumnas de 1º de ESO; Tamara Miragaya, Yolanda Doce, Alicia Filgueiras e Sheyla Pena. Catro magníficas axudantas da biblioteca a quen agradecemos moitísimo a súa colaboración.

sábado, 7 de marzo de 2009

Fene Lendo Mulleres

Onte, e como ven sucedendo dende hai xa nove anos o Concello de Fene organizou a marathón “Fene lendo Mulleres” unha actividade que ten que ver coa celebración do Día Internacional da Muller e na que o alumnado do IES de Fene de todos os niveis educativos, como ven sendo habitual, tamén participou. Velaí tedes a crónica que nos envía Roberto Rodríguez Pazos (4º ESO)

Ayer día 6 de Marzo de 2009, los alumnos y alumnas de los diferentes niveles educativos del IES de Fene acudieron, junto a otros alumnos del municipio, a la biblioteca de Fene a recitar poemas escritos por mujeres y relacionados con la evolución hacia un mundo igualitario en el que no exista la discriminación por razón de sexo.

Este recital se celebró como anticipo de la conmemoración del Día Internacional de la Mujer que tiene lugar el 8 de marzo de cada año desde 1911 y en el que las mujeres reivindican los mismos derechos que sus homólogos humanos, los hombres.

El acto transcurrió con total normalidad, los alumnos y alumnas realizaron la lectura de poemas y alguna que otra redacción personal en las que estaba plasmado el deseo de conseguir restablecer la estima de la figura femenina. Durante 50 minutos pudimos disfrutar del aire literario que muchas veces perece en las mentes, sobre todo de la juventud. Un impedimento o barrera que nos ponemos nosotros mismos y que sólo nos conduce a un camino, el desconocimiento.

Desde la antigüedad la figura femenina ha sido infravalorada, estando situada en una posición poco privilegiada. Como ejemplos claros tenemos a Eva esa mujer creada a partir de la costilla de Adán, símbolo de apoyo del hombre que, desobediente, sucumbió al pecado y como castigo fue desterrada, al igual que Lilith, la primera mujer de la humanidad a la cual su afán por alcanzar la sabiduría la ha llevado a ser considerada hasta el día de hoy como un ser demoníaco.

La mujer ha estado reprimida durante mucho tiempo, pero desde el siglo anterior hasta el actual hemos vivido un proceso que, aunque ha sido lento y no del todo fácil, ha elevado la consideración de la mujer. También cabe destacar que en algunos países aún conservan esa visión retrograda de la mujer, aferrándose a teorías absurdas que sólo la perjudican.

El mundo necesita progresar, pero si en la sociedad siguen existiendo resquicios de desigualdad, esos pasos que hemos dado hacia delante volverán a su posición inicial denotando así que el mundo se está viendo envuelto en un proceso de involución.

Texto e fotos; Roberto Rodríguez Pazos

E se queredes escoitalos, aquí vos deixamos non só a grabación da lectura dos poemas, senón a entrevista que lles fixeron dende Radiofusión a Alba Currás, Lucía Paz e Laura López


Coeducación

Hoxe, véspera do Día da Muller, queremos deixarvos unha serie de fantásticos vídeos que tratan o tema da "Coeducación". A nosa intención é que lles dediquedes uns minutiños e logo vos paredes a reflexionar.

Que vos parece o que acabades de ver?

Somos realmente conscientes do que significa o termo "coeducación"

Estamos a falar de tópicos ou pola contra é un fidel reflexo do que, a pesar de estar no século XXI, está a acontecer en moitas das nosas casas?

Seguen a ser os xogos, as cores... elementos diferenciadores na educación entre nenos e nenas?

E falando de adultos, segue a haber prexuizos á hora de ofrecer aos homes certos traballos considerados de mulleres e viceversa?



Para saber máis:
Educastur
Mujeres en Red

Materiais Coeducación
Actividades Coeducación

xoves, 5 de marzo de 2009

Itinerarios Lectores (III): Tecnoloxía

E con este xa son tres os Itinerarios Lectores elaborados por outros tantos departamentos do noso centro no que va de curso, e non serán os únicos.

Comezamos co Departamento de Matemáticas, seguiu o Departamento de Clásicas, e nesta ocasión presentámosvos o que nos achega o Departamento de Tecnoloxía.

Agora non tedes desculpa para que as vosas lecturas non teñan que ver con calquera destas materias. Xa sei, xa sei que algún e algunha de vós estaredes pensando... "Vaia, outro libro de texto máis!!!" Pero estades moi equivocados, non son libros de texto, son fantásticas novelas, ou libros de divulgación que a pouco que lles dediquedes uns minutos a botarlles unha ollada quedaredes enganchados á súa lectura.

Probade e veredes como non vos defraudan estas propostas de lectura. Son ben interesantes e nuns días todas elas estarán á vosa disposición na nosa biblioteca. Ide elixindo, que tan pronto teñades claro cal será o primeiro que ides ler, segurísimo que xa está no noso Recuncho das Novidades.

Velaí tedes, como vos dicía, a proposta do Departamento de Tecnoloxía.

mércores, 4 de marzo de 2009

Yann Arthus-Bertrand: "Un fotógrafo de altos voos"

Hoxe queremos presentarvos a Yann Arthus-Bertrand, recoñecido fotógrafo francés membro da Academia de Bellas Artes de Francia onde lle concederon, polos seus extraordinarios méritos, a Lexión de Honra, a máis coñecida e importante das condecoracións francesas. Un dos fotógrafos naturalistas máis recoñecido mundialmente senón o que máis e aínda que probablemente o seu nome non sexa coñecido para moitos de vós, non ocorre o mesmo coa súa obra.

Este fotógrafo, que nun principio se dedicaba a fotografiar animais pasouse logo á fotografía aérea. Ten publicados máis de 60 libros das fotografías sacadas dende helicópteros e globos aerostáticos arredor de todo o mundo.

As súas fotografías “A Terra dende o Ceo” e “O Corazón de Voh” realizadas no manglar de Nova Caledonia francesa -a primeira foto da nosa presentación pertence a esta colección- teñen dado a volta ao mundo

Dedicádelle uns minutos a disfrutar destas marabillosas panorámicas, non vos pesará.


Crédito das imaxes

Máis información
Páxina Oficial
A Terra dende o Ceo (Vídeo)


martes, 3 de marzo de 2009

A boa vida



Vida honesta y ordenada,

usar de pocos remedios

y poner todos los medios

de no apurarse por nada.

La comida, paseada,

ejercicio y diversión,

beber con moderación,

salir al campo algún rato,

poco encierro, mucho trato

y continuación ocupación.






Se quedaches con ganas de saber máis cousas do doutor Letamendi consulta este libro.

luns, 2 de marzo de 2009

Publicidade

sábado, 28 de febreiro de 2009

A Máis Marabillosa Viaxe. A Viaxe Cara á Vida

Hoxe, estamos segurísimos que moitos de vós sorprenderédesvos ao comprobar de que viaxe estamos a falar.

É unha viaxe que todos fixemos, algúns hai máis tempo que outros, pero do que ningún de nós gardamos recordo algún, pero agora, e grazas ao National Geographic podemos admirar e non deixar de sorprendernos, mesmo ata emocionarnos ao poder contemplar como se desenvolve un feto no útero materno ao longo dos nove meses dun embarazo.

Preparádevos, aquí tedes once vídeos cos que non perderedes detalle ningún dunha das máis, senón a máis marabillosa viaxe, a viaxe cara á vida...



Máis Vídeos do National Geographic

venres, 27 de febreiro de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XXXVII)

Cincuenta anos pasaron xa dende aquel fatídico 3 de febreiro en que tres precursores do rock Buddy Holly, Ritchie Valens (autor de La Bamba) e JP 'The Big Bopper' Richardson morreron nun accidente aéreo.

Buddy Holly, logo de romper coa súa banda, comeza unha xira esgotadora. O coche no que viaxaban, bastante destartalado xa, queda sen calefacción nun inverno ben duro o que fai que, a pesar de que lle aterrorizaba voar, merque unha avioneta cuxas condicións tampouco eran moi boas.

Esa avioneta, pilotada por un xoven inexperto, sufre un accidente que lle costou a vida a todos os seus tripulantes, nunha xornada que é coñecida como “O día no que morreu a música

Don McLean escribiría a historia dese fatídico día na súa famosísima American Pie, a súa particular homenaxe a estes tres grandes do Rock, o Padre (Richardson), o Fillo (Holly) e o Espíritu Santo (Valens).


Norman Gimbel e Charles Fox escribiron "Killing me Softly" inspirándose na experiencia de Lori Lieberman tras un concerto de McLean. A canción convertiuse nun enorme éxito para Roberta Flack, anos despois para Fugees e na actualidade é Pitingo o que novamente o leva ás listas de éxito como o seu primeiro tema de Soulería, "Soul a ritmo de bulería" o último traballo deste cantaor de flamenco.

xoves, 26 de febreiro de 2009

A Libraría Lello: A Mellor Libraría do Mundo

Hoxe, e grazas á nosa amiga Rosana que nos fixo chegar unha fermosísima presentación, imos comezar cunha serie de entradas dedicadas a esas librarías e bibliotecas, verdadeiras obras de arte, que hai polo mundo.

Nesta ocasión comezaremos coa Libraría Ernesto Chadron en Porto unha das librarías máis fermosas do mundo que foi restaurada en 1994 polo arquitecto Vasco Morais Soares quen respectou elementos orixinais especialmente a súa marabillosa fachada neogótica. Esta libraría foi refundada como libraría Lello & Irmao en homenaxe aos seus libreiros.

Unha libraría que conta cun extraordinario fondo bibliográfico e distintas seccións merecendo especial mención, polo seu gran valor, a dedicada a fondo antigo, ademáis dunha galería de arte permanente.

Nesta ocasión, a presentación orixinal, e grazas a unha nova ferramenta, o Ispring Converter, conseguimos subila ao Slideboom mantendo a súa música orixinal, o fado "Lisboa menina e moça" cantado por Carlos do Carmo.

Que a disfrutedes!!



Unha marabilla, non si?

Pois aínda non o víchedes todo. Entrade aquí e disfrutaredes dunha visita panorámica virtual no interior desta fantástica libraría.

mércores, 25 de febreiro de 2009

Sacapenas para Gaza (II)

Xa sei que todos os mércores as nosas entradas teñen que ver coa fotografía, e este mércores non ía ser menos, pero a diferencia dos anteriores, nesta ocasión o protagonista non é ningún fotógrafo ou fotógrafa de renome, esta vez os protagonistas imos a ser nós, as nosas fotografías, que se ben non están feitas por profesionais, o que non se nos pode negar é gañas e moito empeño en facelas o mellor posible.

Nesta ocasión o tema é a nosa última actividade, OS SACAPENAS.

Moitos de vós non deixades de preguntarnos que cando comezamos, sobre todo dende que víchedes feita a nosa primeira moneca sacapenas. Pois como ides comprobar a través deste novo recurso que hoxe vos presentamos o PhotoPeach, e que xa o víramos con outra das súas posibilidades, como non, en A Nosa Boa Inspiración, xa estamos máis que preparados para embarcarnos nesta fermosísima empresa. Enviar cariño e calor onde tanto están a sofrir.

Velaí tedes a película do que estivemos a facer nestas dúas últimas semanas, ademais de organizar o entroido, que non estivo mal, non si?


Ide elixindo modelo que o xoves comezamos !!

martes, 24 de febreiro de 2009

Sacapenas para Gaza

Unha antiga tradición guatemalteca di que cando @s nenos teñen unha pena, lla contan ao moneco sacapenas que colocan baixo a almofada antes de ir durmir. Ao espertar as penas terán desaparecido.

Dende o CEIP A Rúa (Cangas) xurde unha fermosa iniciativa que consiste en facer monecos sacapenas para enviar aos nenos e nenas de Gaza. O obxectivo é que sintan a solidariedade e o agarimo dos nenos e nenas galegas, que sintan que non están sós.

Esta proposta foi moi ben acollida tanto polo profesorado do grupo da biblioteca como polo alumnado do noso instituto así que decidimos organizármonos.

Sabela, profe de galego e especialista en todo tipo de manualidades, é a que dirixe o "obradoiro" para o profesorado, nós somos os primeiros que temos que aprender para logo traballar co alumnado. Xa nos aprendeu a facer dous tipos distintos de monecos, gorros de ganchillo, vestidos, perrucas... en fin, que esto xa comezou e agora non haberá quen nos pare...

Pero esta iniciativa non quedou no centro, xa saíu fóra del, de feito, algúns dos membros das nosas familias tamén están a botar unha man. Disque a unión fai a forza...

Velái tedes un pequeno vídeo de como vai o proceso...



Á volta das vacacións comeza a súa participación o alumnado, xa vos contaremos...

luns, 23 de febreiro de 2009

And the Oscar goes to... Penélope Cruz

A primeira actriz española que consegue un Óscar... PARABÉNS !!!



Máis en:

Related Posts with Thumbnails