Dende Os Nosos Venres Musicais seguimos a decir Basta Xa de tanto horror, de tanta barbarie.
Que remate xa esta "Longa noite de pedra"!!
Blog da Biblioteca do IES de Fene
María cóntanos que para ela, a posibilidade de aprender supuxo "ver un ceo aberto", un ceo aberto polo que a luz entraba a raudales para acabar coa terrible escuridade na que estivera sumida durante case toda a súa vida

Onte recibimos un correo de Pilar Sampedro, unha boa amiga, que facía unha reflexión en voz alta sobre o que está a acontecer en Palestina, e non quero deixar de publicala, polo que supón de darlle voz aos nenos, aos máis inocentes, aos que máis están a sufrir este xenocidio.
[…] tal vez se impoña unha reflexión imprescindible acerca dos medos e dos odios, de como hai que lembrar o pasado pero non instalarse nel para facerse dono duns dereitos absolutamente inxustos cos demais pobos. […]
Para cando os nenos palestinos terán unha voz que no seu nome lles fale aos nenos do mundo? Pensade na cantidade de libros protagonizados -con todo o dereito e algún máis- por nenos xudeus. Terán que matar a moitos máis -tantos coma aquela vez- para que alguén se faga eco da súa voz?
P.S.
Nenas e Nenos Palestinos
Created with Admarket's flickrSLiDR. Grazas Pilar por permitirnos que a túa reflexión sexa a que pon voz aos que están a ser calados.
Que nunca aniñe neles o xerme do odio!!!
Nen@s Palestinos "Onte e Hoxe" Non deixedes de entrar en Mesturas!!
A orquesta West-Eastern Divan, fundada no ano 1999 por Daniel Barenboim e polo palestino Edward Said (1935-2003) co obxecto de promover a convivencia pacífica e loitar contra a intolerancia a través da música, está formada por máis de 100 músicos de Israel, países árabes e España.
Daniel Barenboim, despois dun concerto en Ramala, o 12 de xaneiro de 2008, aceptou a cidadanía palestina honoraria, converténdose deste xeito, no primeiro cidadano do mundo coa dobre cidadanía israelí e palestina.
"Desexo que a miña nova condición sexa un exemplo de coexistencia palestino-israelí. Creo que os destiños destes dous pobos están inexorablemente unidos"
Daniel Barenboim
Máis opinións
Ata cando seguiremos pedindo que remate este xenocidio?

“Viaxamos arredor do mundo en busca de Inspiración.
En Nova Orleans descubrimos o poder da música para perseverar.
En España descubrimos o poder da música como celebración.
En Sudáfrica descubrimos o poder da música para unir.
Na India e Nepal descubrimos o poder da música para alumear.
Porque a música non sabe de fronteiras nin de razas, a música pode levar a Paz polo mundo”
posición fotográfica e de vídeos que viaxa no Museo Nómada. Unha das maiores exposicións feitas nunca por un só autor en Europa.