
FELIZ DÍA DO LIBRO!!
Blog da Biblioteca do IES de Fene

FELIZ DÍA DO LIBRO!!
Hoxe celébrase en todo o mundo O Día da Terra.Ata cando non imos tomar conciencia do que estamos a facer?
Algunhas das causas do cambio climático estamos a sufrilas en Galicia nestes últimos días, as fortes precipitacións coas conseguintes inundacións así como os fortísimos ventos.
Serverá isto para modificar algunha das nosas actitudes?
Un marabilloso corto sobre a animación á lectura nas bibliotecas, cuxo título xa di moito...
E chegou a data sinalada, Mércores 12 de Marzo. Levábamos moito tempo esperando esta visita. Marina tiña moitas ganas de que fóramos, pero penso que nós aínda tíñamos máis.
Marina chegou á hora fixada, e despois dos bicos e abrazos (esta muller faise querer e de que xeito!!) fumos comer. A comida e a conversa tan agradable fixeron que o tempo pasara boando. Rematamos cun café de pota magnífico e saímos para o cole.
No IES de Arzúa a biblioteca escolar está moi presente. Nada máis entrar, os carteis que nos dirixen a ela enchen as paredes. No noso camiño cara á biblioteca pasamos diante da Sala de Profesorado onde fixemos a nosa primeira parada. Ali coñecimos a Catalina unha das principais protagonistas da dinamización desta biblioteca. Casualmente estaba sentada nun dos puntos de lectura que hai espallados polo instituto. (Xa vos contamos que a biblioteca faise ver por todo o centro!!) Este é moi especial, e a decir polas artífices de tal marabilla, ademais de ser moi frecuentado polos profes, os libros que alí expoñen son moi solicitados por este grupo de usuarios. (Xa tomamos boa nota e pensamos poñelo en práctica, será unha das nosas novidades do vindeiro curso!!). Tamén coñecimos a Oki. Cantas gañas tiñamos de poñer cara a esta fenomenal blogueira!!
E continuamos o noso camiño.
Vaia entrada máis espectacular ten esta biblioteca!! Á súa porta atopamos unha zona de informática e diferentes exposicións coas novidades e suxestións de lectura, cine e música. Realmente se respira o aire da biblioteca por todas partes.
Entramos na Biblioteca e Marina ensinounos todos e cada un dos seus recunchos e detalles. A zona de rexistro e a de informática, fantásticas, o libro do mes, nesta ocasión é Persépolis, un dos cómics de culto, a caixa das suxestións, a zona da audiovisuais e a Sala Mondrián da que xa nos fixera chegar varias fotos a través de BiblioArzúa. Pero aquí non acaba todo, esta biblioteca tamén ten un pequeno almacén e incluso un baño. Vamos, que non lle falta detalle algún. Unha biblioteca onde a cor é unha das súas características predominantes, pero sobre todo o que máis se respira alí é a paixón que estas tres mulleres poñen no traballo que fan.
Parabéns Marina polo bo facer e por conseguir da vosa biblioteca escolar, esa biblioteca que ti sintes como algo teu, un verdadeiro punto de encontro!!!
E chegou a hora de írmonos, pero non sen antes asinar no seu Libro de Ouro. Meu Deus, que honor!!
Máis non nos podíamos marchar de Arzúa sen admirar a outra paixón da nosa anfitriona. As súas plantas e xardíns. Realmente preciosos!
Marina, foi un verdadeiro placer compartir este día contigo. Ata sempre e por sempre!!!
*Se queredes ler os pés das fotos, só tedes que picar no "bocadillo" do lateral inferior esquerdo.
Outros Roteiros
Tamén nos outros GBI Blogues

Chegamos a Sanxenxo despois dunha viaxe do máis agradable, a pesar do madrugón… E nada máis chegar, e despois dos bicos e abrazos a todas as amizades, intentamos colocar os nosos materiais. Pero é que os materiais dos GBI viñan, como non podía ser menos, xuntiños, imposible separalos, e custou unha miaxiña atopar un oco para eles. Aínda que Marina, amiga onde as haxa, fixo todo o posible por axudar, e a piques estivo, como podedes comprobar polas fotos, de servinos de, digamos “azafata” do grupo…
Nos Encontros, como é habitual, non só houbo ponencias, obradoiros e xuntanzas por zonas, nin moitísimo menos (de todo iso tivéchedes cumplida conta nas entradas anteriores). En todos os Encontros Plambeiros sempre hai moita alegría, moitas conversas, moitos momentos que compartir… As comidas, a cea, o almorzo, e como non, os cafés. Cantos cafes arredor desa preciosa piscina que non poidemos probar... O que si probaron algúns e algunhas foi a Talasoterapia, e así lles foi… pobre Beni, aínda lle están a escocer os ollos…
E que me dicides do tempo? Axudou e moito para que as nosas conversas nocturnas pudiéramos mantelas a carón desa marabillosa praia, e claro, lúa, praia… xa se sabe, ocorre o que ocorre… O Sabio subiu para a súa habitación e ao contemplar dende o seu balcón tanta beleza, non o puido evitar e… pasou o que non debía ter pasado.
Que te temos moi avisado, que hai que controlar as emocións, pero nada, este home é asi… que lle imos facer!!
Tranquilos, calquera profesional da fotografía que se precie, e eu non podía ser menos, sempre está no lugar oportuno no momento axeitado así que preparádevos que aquí están as “instantaneas”…
TARARA, TARARA…
Síntoo, penso que ata aquí abonda… o resto, só o vimos os que alí estabamos…. E para que non vos sintades moi defraudados, deixovos unha pequena reportaxe gráfica obra tamén de Cristina Novoa, Marina Engroba, Carmen Suárez e Emilio Roca.
Señor, canto Plambeir@ “paparazzi”!!
Foi un verdadeiro pracer compartir estes dous días con todos e todas vós.
Ata a próxima compañeir@s!
Saúde, libros e Bicos!!!!!!!!!!!!!
Foron uns encontros, como moi ben os definiu Pilar Sampedro, para encontrarnos. Para encontrarnos coas amizades (algúns, a pesares de non estar presentes, tampou faltaron a esa cita. Estiveron de moi diversas formas, e sempre no noso pensamento) e para poñer
cara aos que ata agora eran só uns nomes, máis cantos faltan aínda!!
Coñecémonos todos os responsables da zona de Ferrol, mesmo temos organizada algunha xuntanza da que sen dúbida xurdirán moitas e boas ideas. Os traballos colaborativos, xa se sabe, sempre son moitísimo máis ricos e enriquecedores!!
E que dicir do fantástico programa organizado polas nosas xefas?
A inauguración correu a cargo da Directora Xeral Mª José Pérez Mariño quen nos dou o que nos diarios sería un gran titular “A vosa figura estará recoñecida no ROC”. Eu simplemente engadirei “Que así sexa e esperemos que nos termos que durante tantos anos levamos reclamando á administración”
E comezaron os outros Encontros:
Asistiron moitos e grandes persoeiros da cultura e do mundo das Bibliotecas Escolares dos que aquí recollo algunhas frases que deberían facernos pensar, polo menos a min, e non por non seren de sobras coñecidas, fixéronme e fanme cuestionar algunhas cousas...
José Antonio Camacho:
“Este programa –PLAMBE- comeza a ser un referente en outras comunidades. Da aposta que continue facendo a Consellería depende que o siga a ser e en maior medida”
Manuel Bragado:
“A lectura electrónica require un lector mellor formado e máis crítico”
José Luis Barreiro e José Fariña:
Da man destes dous grandes profesionais chegaron algunhas novidades das TICs. “Rapaces, engancháchesnos ao Moodle!!” Pero non quedou aí a súa intervención, xa que fixeron posible a transmisión en directo dalgunha das conferencias.
Parabéns ás organizadoras destes magníficos Encontros!!
Continuará...
Nathaniel Van Helsing (Amsterdam, 1924) está de visita no instituto para entrevistarse co noso director. É bisneto de Abraham Van Helsing, o cazavampiros da novela “Drácula” de Bram Stoker. A pesar da idade, mantén un aspecto atlético e fala cun ton cheo de vitalidade. Tivo a amabilidade de concedernos esta entrevista para o blog.
- Que o trae por aquí, profesor Van Helsing?
- Walkraft, o vampiro.
- Perdón?
- Pertenzo a unha familia que leva séculos perseguindo vampiros. Ademais de meu bisavó Abraham, tamén están os meus tíos Cornelius e Abelard. Pola miña parte, dediquei toda a vida a Walkraft, o discípulo avantaxado de Drácula.
- E iso que ten que ver con nós?
- Este outono, encontrei esta cruz de pedra en memoria duns náufragos nunha praia do Vicedo. (O profesor ensínanos a fotografía que ilustra esta entrada) Chamoume a atención que nela se mencionara o nome das vítimas, pero non o do barco. Investiguei e no libro “Os naufraxios da Galicia Norte” (Hixinio Puentes, Editorial Lea) atopei que ese barco era o “Drácula”. Walkraft é descaradamente vaidoso, gústalle deixar pistas para retarnos e facer alarde da súa intelixencia. Pense que foi o responsable de que Bela Lugosi rematara a súa vida créndose Drácula. Vampirizouno diante do mundo enteiro, deixando a súa obra gravada no celuloide.
- Non mo tome a mal, pero ese barco podía chamarse así e non ter nada que ver co que nos está a contar.
- Recorde, que na novela de Bram Stoker, o conde Drácula chega a Inglaterra en barco...logo de causar o seu naufraxio cunha tormenta. Walkraft homenaxea a Drácula sempre que pode, así que a pista é cen por cen fiable.
- Disculpe a insistencia, pero que ten que ver isto co nós?
- Coñecendo a Walkraft como o coñezo, podo asegurarlle que, despois do naufraxio, utilizou durante un tempo algún castelo da comarca (Moeche, Narahío ou Andrade). Pero un vampiro coma el non pode estar vivindo entre ruínas medievais eternamente. Necesita sentirse nun ambiente... digamos que...da súa "categoría". A comarca ferrolá, pola súa densidade poboacional, é ideal para que unha criatura tan monstruosa poda vivir durante moitos anos sen que ninguén se decate. Seguramente o atraeu un topónimo fenés como é “O sartego”. De aí debeu pasar ao Pazo, onde está o colexio de secundaria en Barallobre. É ideal para el. O nome fai referencia a un pasado señorial, ten unhas excelentes vistas á ría que lle permiten controlar a entrada e saída de barcos e, para maior comodidade, hai un instituto...
- Aclárenos isto, por favor.
- Que máis pode pedir un vampiro que un lugar polo que pasa moita xente e, ademais, xente moza.
- Comprenderá que non resulta fácil compartir a súas ideas?
- Si. Iso mesmo me dixo o director. Pero deixou de rirse cando lle preguntei pola porcentaxe de alumnos e persoal do centro que di estar anormalmente canso. Que raro... Uns adolescentes sen folgos para saír a xogar ao patio, que prefiren estar nas aulas ou sentados nas escaleiras interiores aínda que quente o sol.
- Non sei que dicirlle.
- Non se preocupe. Comprendo a súa incredulidade.
Van Helsing deixounos moi impresionados. Foi unha mágoa que se nos descargara a batería da cámara e non puideramos fotografalo. A charla que mantivemos na cafetería será inesquecible. Sempre recordaremos o seu porte elegante á vez que austero até nos máis mínimos detalles: non quixo tomar nada, porque tal como nos dixo cun sorriso “eu nunca bebo...refrescos”.
Tras o magnífico xantar previo a calquera inspección do GBI (Grupo de Bibliotecas Interdisciplinar Intercentros), o pasado mes, os roteiros polas bibliotecas escolares galegas, compartiron unha tarde con Dona Carmen Loriga. Ademais de rendirlle admiración e pleitesía por aquel premio acadado hai xa varios anos (unha minucia de nada de 36.000 euros) e que a ela non lle gusta que llo lembremos, ademais de discutir de problemas varios dos centros, inspeccionamos a fondo a BIBLIOTECA UXÍO NOVONEYRA do IES ÁNXEL CASAL da Coruña.
Unha biblioteca pode ser vista con moitos ollos. Cos ollos materialistas, e, entón, diríamos “que biblioteca tan fantástica” (ou mellor dito “isto é unha biblioteca!”). Cos ollos informáticos, para dicir “un equipamento insuperable!”. Con ollos documentais: “que fondo tan completo, equilibrado e variado!”. Mais cos ollos docentes só podemos dicir “que bibliotecaria tan magnífica!”.
Todos e todas sabemos a importancia das persoas e, sen dúbida, en moitas ocasións ao pensar en bibliotecas escolares as relacionamos coas persoas que coordinan, cos equipos humanos de cada unha. Pero no caso do IES Ánxel Casal non é que a súa bibliotecaria liderara no pasado un proxecto que deu lugar aos froitos que todos coñecemos, recoñecemos e admiramos, senón que Carmen Loriga, analizando no día a día o comportamento e as necesidades dos seus usuarios e usuarias, ten xa na cabeza o deseño da biblioteca que ten que ser no futuro inmediato. Un espazo en continua mutación, que permanentemente se adapte ás novas necesidades e usos. A capacidade de tratar de adiantarse aos tempos é impresionante. Con Carmen Loriga nunca se chegará tarde a nada. PARABÉNS.
Outros Roteiros:
¿Ata cando?
Balbina vive nunha aldea pequena moi perto de Compostela. Érguese moi cedo. Mentres Manuel e o neno durmen, ela alista os animais, prepara a pota da comida que deixará cocendo toda a mañá co lume baixiño e fai o almorzo.
Levanta ó neno e prepárao para ir á escola.
Érguese Manuel, almorza e prepara o tractor para marchar.
Botan a mañá traballando nas leiras.
Ó mediodía volven á casa. Balbina pon a comida na mesa e comen. Despois de comer, o neno marcha para a escola, Manuel vai botar unha siesta e Balbina, despois de recoller a cociña vai ó río: lava, pon a roupa ó clareo se non chove… Cando volve á casa Manuel xa se ergueu, prepáranse e van traballar a outras leiras.
Volven coa tardiña. O neno xa chegou e está xogando. Manuel aséase e vai á lareira de Alfredo, o veciño, a saber das novidades.
Balbina muxe as vacas e acomoda os outros animais. Fai de cear mentres axuda a José Manuel cos deberes. Cean todos xuntos. O neno déitase. Manuel pónse a ver a televisión e Balbina tamén, mentres repasa unhas pezas de roupa que recolleu hoxe do tendal.
Esta historia é real e tódolos personaxes tamén.
Para Balbina, e para tódalas balbinas que , mentres facían todo esto non podían abrir unha conta no banco sen o permiso do marido, nin quitar o pasaporte…. A tódalas mulleres que non pudieron votar a Constitución española porque non tiñan vinteún anos e viron como os seus compañeiros de dazaoito sí o facían.
¿por canto tempo, aínda balbinas?
Cando teñamos unha sociedade, un planeta inequívocamente solidario, no futuro pensarán que nada disto é real.
Home e muller, ombreiro con ombreiro, sorriso con sorriso, loitando porque a atmósfera sexa máis respirábel.
“A historia da arte
nega ás mulleres e afirma á muller”
Marián L.F.Cao (Profesora da Universidade Complutense de Madrid)Ata hai ben pouco as mulleres concretas e individuais cos seus desexos e preocupacións non aparecían nas plasmacións artísticas porque tiñan moi restrinxido o acceso como productoras de arte e non dominaban o ámbito que a sociedade patriarcal define e valida como arte verdadeira. Deste modo, as mulleres foron rexeitadas como creadoras e por tanto, a súa visión do mundo e de si mesmas case nunca foi exposta aos demais. As poucas mulleres que malia as enormes trabas acadaron importantes logros foron, en xeral, ignoradas pola Historia do Arte. Por outra banda, a arte e, na actualidade, tamén a publicidade, constrúen unha muller inventada e pouco cambiante. Prescíndese, en xeral, das mulleres de carne e oso xerando unha construcción universal que contenta as fantasías e os desexos que os homes desenvolven nunha sociedade onde a eles tamén se lles impoñen uns determinados valores tipificados como masculinos e bos. Certamente unha análise seria amosará outras produccións artísticas que non encaixarán neste esquema tan simplista. Porén, é innegable que non facer unha reflexión desde unha perspectiva de xénero é ocultar o papel que a arte ten como xustificadora de roles e constructora de conciencias.

Moitas mulleres procedentes de outras culturas, por adopción ou emigración, deben loitar na súa xuventude por compatibilizar as súas tradicións co seu contorno e iso e o que fan en Quiero ser como Beckhamn.
En cualquera caso , a consigna e vivir dignamente e iso é o que tratan de facer as mulleres de Mataharis.

s- levouna a residir en distintas provincias españolas até a definitiva instalación da familia en Madrid en 1922. Ingresa na Academia de Belas Artes e empeza a relacionarse coa nova xuventude de poetas e artistas que irrompen na escena española. Coñece a Salvador Dalí e á poetisa Concha Méndez, que a introducen no círculo da Residencia de Estudantes, onde estreita lazos de amizade e camaradaría con Lorca, Buñuel e con Rafael Alberti, co que mantén unha relación amorosa importante e longo tempo silenciada tanto na súa biografía como na do poeta. Concha Méndez e Maruja pasearon por Madrid como mulleres modernas e emancipadas, manexando bicicletas, facendo deporte, asistindo aos cafés, a eventos literarios ou a verbenas populares. Nestes anos, Maruja crea a súa propia linguaxe artística, atenta aos ecos das distintas vangardas que empezan a chegar a España -futurismo, surrealismo, cine- e cos ollos abertos á arte popular. Mestura todo coa súa particular interpretación.
No 1931 viaxa a París onde expón a súa obra. Numerosos intelectuais e artistas como Picasso e André Bretón visitan e acollen con entusiasmo a mostra. O seu regreso a Madrid, a finais de 1932, supón un novo xiro no seu estilo. As súas novas series "Arquitecturas minerais", inspiradas en pedra, e "Arquitecturas vexetais", poboadas por estrañas froitas, son teas que aínda que manteñen a sobriedade cromática someten agora as súas formas a esquemas xeométricos. Durante esta época combina o seu traballo artístico cunha intensa actividade de compromiso coa República. A celebración do día Internacional da Muller ten a súa orixe no movemento internacional de mulleres socialistas de finais do século XIX, para promover a loita polo dereito ó voto das mulleres. Neste tempo festexábase en datas diferentes segundo os paises. Será en 1914, cando á proposta das mulleres alemanas, se fixe no día 8 de marzo, reivindicando o dereito de voto, a ocupar cargos públicos, o dereito ó traballo, á formación profesional e a non discriminación laboral.
Hoxe, caseque 100 anos despois, seguimos a celebrar o 8 de marzo, como día de homenaxe a todas as mulleres que fixeron posible que mulleres e homes teñamos os mesmos dereitos diante da lei, como día para seguir reivindicado o dereito a VIVIR en igualdade: na casa, no traballo, na escola e nas rúas, e como día de denuncia e solidariedade internacional con todas as mulleres que no Extremo Oriente, Africa ou o Sudeste Asiático , morren e viven día a día sen coñecer a palabra “igualdade”.
Vía: Cadernos de Vide