O pasado luns, comezou o Obradoiro de Radio que achegará a rapazada de 2ºESO da materia de Oratoria ao mundo da comunicación.
Esta primeira xornada correu a cargo de Mª Xesús Arias (Pitusa), historiadora, escritora e xornalista de Radio Fene que nos presentou a Radio como o medio de comunicación máis efémero no que a voz e o máis importante, pero sen esquecer o valor dos silencios.
Remarcou a necesidade de levar sempre un guión no que a linguaxe debe ser moi sinxela, de frases curtas que debemos dicir, non ler, con naturalidade, prestando moita atención á entonación e salientando determinadas palabras.
Antes de rematar, Pitusa púxonos un par de tarefas para a vindeira semana, facer prácticas de lectura e gravarnos para logo comprobar en que debemos mellorar e por suposto escoitar moita radio sen perder nin ripio...
Agradecer a Pitusa e a Radio Fene a súa marabillosa disposición sempre que dende O Segrel lles facemos algunha petición. Cando organizamos este obradoiro en quen primeiro pensamos foi neles, quen mellor senón para falar de Radio?
Ata a vindeira semana!!
Obradoiro de Radio na Biblio (3)
Obradoiro de Radio na Biblio (4)
Ningún comentario:
Publicar un comentario