Os alumnos de Economía de 4º da ESO, coa súa profesora Carmen González, utilizaron o espazo da biblioteca para realizar diversos traballos multimedia (podcast, vídeos,…) sobre as temáticas de inversións, seguros e banca. Como requisito, tiñan que utilizar, de calquera forma que eles mesmos ideasen, os xornais de “La Voz de Galicia” que se proporcionan ao centro a través do programa “Prensa-Escola”.
Así se fixeron: sombreiros, micrófonos, mostachos, aparatos de TV... que serviron de atrezzo para os diferentes traballos.
Estas son algunhas fotos obtidas ao longo da semana e que amosan os grupos de traballo formados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario