Hoxe no IES de Fene vivimos un deses momentos que gardaremos na nosa memoria para sempre. Tivemos o pracer de contar co ilustrador e humorista gráfico, Xaquín Marín, para rendirlle unha humilde homenaxe poñendo o seu nome a un dos salóns de actos do noso centro.
O acto comezou co descubrimento dunha praca realizada polo ceramista Francisco Pérez Porto e a inauguración dun mural pintado por alumnado de Debuxo Artístico xunto coa profesora Luisa Parada.
A continuación viñeron as intervencións do director do centro, Xoán Vázquez, a presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Xulia Díaz e o propio Xaquín Marín que expresou o seu emocionado agradecemento pola homenaxe. Como broche o grupo de música Arredemo, xunto coa profesora Bárbara Mourelo, agasallounos cunha marabillosa actuación.
Ao acto asistiron autoridades locais, a coordinadora do Museo Do Humor Fene, Almudena Marcos, os ceramistas Francisco Pérez Porto e Carme Romero Díaz así como representantes do alumnado, profesorado e consello escolar.
Desde hoxe un novo espazo do centro pasa a levar o nome dun persoeiro do noso pobo xunto coa biblioteca O Segrel Do Penedo e a aula de Música Daniel Bellón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario