Fixémoslle a proposta ao alumnado de 1ºESO e aos membros dos clubs de lectura da rapazada e nin imaxinades como foi a acollida...
O venres 26 ás 7 da tarde comezou a chegar a rapazada, algúns xa viñan disfrazados da casa, outros fixémolo no centro e o primeiro que fixo o alumnado do club de lectura de 3º e 4º axudados por Roberto, o noso auxiliar de linguas, foi decorar a biblioteca, Deixárona terrorífica!!
Logo chegou a sesión de baile a cargo de Lidia Redondo unha extraordinaria profesional que fixo posible que Michael Jackson nos acompañara nesta noite festiva. Canto gozamos co seu Thriller!!
Despois do baile que mellor que unha boa sesión de cine mentres ceábamos, e a peli elixida non podía ser outra que Coco nesta noite de Samaín. Unha noite na que, durante a peli, tivemos unha visita terrorífica... Meu deus, tremendos berros!!
E tras o cine, xogos e lectura de lendas... Unha noite ben completa!!
E ás 8 da mañá xa estaba Clara co almorzo disposto, café, colacao, chocolate, biscoito, tostadas, zume natural... había que recuperar as enerxías perdidas despois de tanto baile e tanta festa.
Clica na imaxe para ir ao álbum
Ningún comentario:
Publicar un comentario