mércores, 20 de xuño de 2018

Diversidade Sexual

Esta mañá, no Segrel, alumnado de 4ºESO e dos clubs de lectura de 2º e 3ºESO asistiron a un encontro con Hugo Pérez para falar sobre diversidade sexual.

O obxectivo deste encontro é facilitar que o alumnado reflexione sobre a diversidade de identidades, e Hugo faloulles dende a súa experiencia vital dun mozo transexual, sempre dende unha prespectiva moi positiva e sen esquecer o extraordinario papel que desempeña en todo o seu proceso a familia e as amizades que sempre estiveron e seguen a estar ao seu carón.

Na última parte deste encontro coñecemos a Loli, a nai de Hugo, una muller moi forte e valente que nos falou de todos os estados polos que pasou, dende a negación da realidade que lle estaba a tocar vivir, ata a aceptación total.

Hugo foi moi directo, falounos de sentimentos, emocións, cunha idea moi clara, hai que visibilizar e derrubar estereotipos e prexuizos fomentando sempre a empatía e o respecto á diferencia.




POR UN CENTRO LIBRE DE LGTBFOBIA





Ningún comentario:

Related Posts with Thumbnails