Hoxe, na cuarta xornada do Obradoiro de Radio na Biblio, visitounos Henrique Sanfíz historiador e director de Radio Fene para falarnos de "Radio, Podcast e Redes Sociais".
Contounos como xurdiu "Serial" a serie en formato podcast que foi a primeira en alcanzar os 5 millóns de descargar e streams na historia de iTunes. Tamén nos falou das Redes Sociais nas que podemos seguir Radio Fene. Facebook: Fenestra Radiofene, Twitter: @Radiofusionga, Soundcloud: Radio Fene.
E non esqueceu a tarefa para dentro de dúas semanas: "Elaborar un Podcast" para o que debemos ter en conta:
- Temática: A casa da Maleta
- De 2 a 4 minutos
- Guión de menos de 2000 caracteres
- Usar os catro tipos de ladrillo: Palabra, música, efectos sonoros e silencio
- Captar a atención nos primeiros 15''
- Subilo a souncloud.com e compartilo
Graciñas Henrique, vémonos en quince días!
Obradoiro de Radio na Biblio (1)
Obradoiro de Radio na Biblio (2)
Obradoiro de Radio na Biblio (3)
Ningún comentario:
Publicar un comentario