Hoxe, e por terceiro ano consecutivo, celébrase en Galicia o Día da Ilustración. A data foi elixida por coincidir co aniversario do nacemento de Castelao unha das máis grandes figuras da nosa cultura.
Para conmemorar esta data, no Segrel organizamos unha fantástica exposición de caricaturas "Pola Cara", préstamo do Museo do Humor de Fene. A mostra está formada por 33 caricaturas realizadas por importantes debuxantes e caricaturistas galegos (Leandro Barea Pernas, Abraham Carreiro, Gogue, David Pintor, Carlos Sardiña, Sex e Gonzalo Vilas), españois (Ché, Álex Gallego, Raúl Iglesias, Pareja, María Picassó, Moi, Polar, Mónica Ruiz...) e internacionais (Husein Adel, Yuosof Alimohadami, Ulises Araujo, Sebastián Fábrega, Adnane Jabir, Jiwenk, Davir Lara, Raquel Orzuj, Marlene Polhe, Polo, Xavi...).
Ningún comentario:
Publicar un comentario