Hoxe, como ven sendo habitual cada primeiro trimestre, e dentro das actividades organizadas dende a nosa Biblioteca Escolar, o grupo de 1º ESO visitou a Casa da Cultura de Fene.
Recibíronnos Almudena, coordinadora do Museo do Humor, e Silvia a bibliotecaria municipal.
Comezamos coa visita á Biblioteca Municipal, onde Silvia nos falou da súa organización e das actividades que nela se desenvolven. A continuación agasallounos cun pequeno obradoiro de debuxo que nos permitiu descubrir algúns artistas entre a nosa rapazada.
Trala visita á biblioteca, Almudena fíxonos un fantástico percorrido pola Exposición "Francisco Ibáñez, el Mago del Humor" achegándonos á figura de Ibáñez o as súas personaxes. Visita que complementamos cunha proxección de debuxos de Mortadelo e Filemón.
Velaí tedes unha pequena mostra de como transcurriu esta mañá chea de humor...
* Clicar na imaxe para ir ao álbum
Ningún comentario:
Publicar un comentario