O pasado martes, o Segrel encheuse de poesía e creatividade. A artífice desa tarde máxica foi Gracia Iglesias a quen descubrimos a través dos seus marabillosos "Gritos Verticales" que vos recomendamos. Unha xoia!
La tarde rompe en gritos verticales
y sobre sus espaldas
el aliento del mundo pesa herido de noche.
No es más que un espejismo este silencio
No encontro coa rapazada de 4ºESO, Gracia agasallounos cun fermosísimo recital de "Versos Diversos". Comezou con "Aunque cubras mi cuerpo de cerezas", e falounos do "Pudor", da "Tristeza", de "Un beso" e dun "Valiente" con "Distintos métodos para hacer elfantes" achegounos a "El refugio" e amosounos "Los tacones de Ruth" e con "Gritos verticales" falounos de "Un pájaro y su sombra".
Xa nos tiña totalmente engaiolados e, a partir de aí, unha performance "La cruda realidad" e as súas moi persoais formas de converter un limón nun poema. Os marabillosos poemas visuais de Chema Madoz, máxicos "Corazóns lateversos", "Poemas sorpresa", "Poemas susurrados" e moito, moito máis.
Logo chegou o tempo do profesorado. Gracia amosounos mil e un recursos para achegar a poesía á rapazada, Falounos de "Romper Haikus", de "Poemas susurradores", de mesturar poesía e música con "O cadaver exquisito", de como "facer voar as palabras"... de moitos e moi variados xeitos de construir o relato poético.
Foi esta unha fantástica experiencia que aínda ben non rematou, xa estabamos pensando nun próximo encontro con esta extraordinaria muller. Graciñas Gracia pola paixón que pos no que fas, polo teu amor pola poesía, e a forza coa que o transmites.
Esperamos repetir este Encontro!!
Esperamos repetir este Encontro!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario