Continúa no Segrel a celebración das II Xornadas de Tradición Oral. Nesta ocasión foi Antón Castro, extraordinario músico e contador de historias, un grande do noso país cando se fala de oralidade, quen nos achegou á riqueza da nosa tradición oral. Un encontro cheo de música, risas e contos que fixeron patente na biblioteca do Segrel "a maxia da oralidade".
O noso agradecemento a Antón, a súa visita foi un marabilloso agasallo, nesta semana festiva na que estamos a celebrar a chegada do Nadal, para o alumnado de 2º e 3ºESO!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario