O mes de outubro, mes declarado pola IASL (International Association of School Librarianship) como Mes Internacional da Biblioteca Escolar. O obxectivo é facer visible a importancia da biblioteca escolar e difundir a súa potencialidade como factor de calidade do ensino nos centros educativos.
O lema deste ano é "Biblioteca Escolar... Matemático!!!" un lema que pon énfase no papel imprescindible da biblioteca escolar e tentando espertar o interese polas matemáticas.
O ilustrador David Pintor foi o encargado de deseñar o cartel da campaña deste ano.
Con este motivo dende a nosa biblioteca organizouse unha exposición onde se recolle unha ampla selección de literatura (novelas, poemas...) e cine que trata o tema matemático. Aos nosos fondos engadimos a Maleta Viaxeira Matemática que dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares poñen a disposición de todos os centros educativos como un servizo de préstamo temporal.
Exposición que completamos cunha pequena mostra sobre Mauritis C. Escher baixo o título "A maxia do imposible".
Así mesmo algúns grupos da ESO e de Formación Básica, visionaron películas como "Los crímenes de Oxford" e "Contact"
Ningún comentario:
Publicar un comentario