Dende hai xa varios cursos, un dos nosos obxectivos é achegar a figura de
Xosé María Pérez Parallé (O Segrel do Penedo) ao alumnado que se incorpora ao
noso centro en 1ºESO. Para tal fin, en
colaboración co departamento de galego, organízase un roteiro
pola zona nos primeiros meses do curso, pero nesta ocasión, o cru
inverno mantívonos pechados no centro ata esta mañá, que amenceu cun
fermosísimo día primaveral que nos levou a percorrer os lugares nos que O
Segrel pasou a meirande parte da súa vida.
A primeira parada foi na Casa da Sociedade, "Casa de oficios
varios e peóns de Barallobre", a
Segunda no Casal de Sandulfe, onde
Julian entonou, e moi ben, un Cantar de cego que nos achega á vida do Segrel.
Posteriormente léronse, diante das esculturas homenaxe aos clásicos: Rosalía,
Curros e Pondal, poemas como “Microbiografía” de
Parallé, “Cartafol da saudade”,
“Cantigas dun serán avesío” e “Non falarei, non”, entre outros. Logo, visitamos o pequeno museo etnográfico onde se conserva a
campá da igrexa do Bon Xesús do Pazo de Barallobre, onde hoxe está o noso
instituto. Rematamos o percorrido na antiga Casa de curtidos propiedade da
familia da muller de Parallé.
Ningún comentario:
Publicar un comentario