O pasado mércores 6 de novembro, e como xa ven sendo habitual no Grupo do Plambe-Ferrolterra, tivo lugar a primeira xuntanza do ano. E novamente foi O Segrel o encargado de facer os honores ao grupo, xa ben consolidado despois de tantos anos de traballo colaborativo e compartido.
Falamos de proxectos, ideas, traballos... e decidiuse que as xuntanzas do grupo roten o día, luns, mércoes e xoves, para que non sexan sempre os mesmos os que por motivos de horarios perdan as xuntanzas
O mes de decembro reunirémosnos o luns día 2 no IES Fernando Esquío de Neda. Nesta ocasión o punto da orde do día será un monográfico no que Begoña tentará resolver todas as nosas dúbidas con respecto ao Meiga.
Velaí tedes como se desenvolveu a reunión, café e lambonadas incluídas...
Ningún comentario:
Publicar un comentario