O martes 5 de marzo celebráronse no Segrel as III Xornadas de Lectura Literaria organizadas polo CFR de Ferrol. Nesta xornada disfrutamos da presencia de Carlos Negro e de que xeito, solo hai que ver o título deste encontro. "Praceres Intensos, Praceres Escuros. Poesía e Chocolate"!!
Nesta ocasión o pracer foi dobre, xa que Begoña, profe de Tecnoloxía e membro do noso grupo da biblioteca e compañeira de Carlos Negro na Universidade foi a encargada de facer os honores. Un emocionante encontro no que os dous lembran aqueles anos na Universida de.
A presentaci ón comeza co alumnado de 3º e 4º de ESO, os nosos "Xoves Libro", que nos acompañan para salvar a obra de Carlos Negro así que recitan algúns poemas de "Makinaria" mentras son acompañados polos seus compañeiros Sarai ao teclado e Sergio co
violín. Logo, Begoña, como non podía ser menos, fai a presentaci ón do "poeta - amigo" Os
dous recoñecen a emoción do momento. Quen lles ía dicir naqueles
anos...!!
Begoña comeza facendo unha pequena reseña biográfica para
finalmente adentrarno s na súa obra. Carlos agradece a cariñosa
presentaci ón e comeza coa lectura de "Frederick: Un rato poeta!" "Porque os libros non existen ata que
alguén os abre e os le!" E a partír da ahí... Que é un poema?
"Un poema é unha onza de chocolate: pequeno, escuro e o máis bo do mundo"
Así que para demostralo…"Chocolate " para todos!! E poesía por un tubo!!
Porque "A poesía é un pracer gozoso" "Unha
experienci a transforma dora" Fala de como achegar a poesía á
rapazada.. . "Hai que ler moita poesía, para
coñecela e poder compartila !!" E falamos
de poetas de aquí e de acolá... Lupe Gómez Arto, Ajo, Benjamín Prado,
Álvaro Cunqueiro, Fran Alonso, Antón Lopo, Andrés Neuman, Kirmen Uribe, Uxío Novoneyra, Samuel L. Paris, Adriana Falcao, Jean-Pierre Simeon, Miguel Munárriz,
Álvarez Blazquez, Ernesto Cardenal, Roger Wolfe, Rosalía...
Unha tarde intensa e fermosa na que todos quedamos con gañas
de máis... O tempo, que voa!! Pero sacamos un minutos... para
as signaturas !! "Makinaria " "Cultivos Transxénic os" "Far-West" ... todos levamos os nosos exemplares
E, por suposto, asinou no noso "Libro de Ouro"!!!! Rematamos
cos agradeceme ntos aos asistentes e sobre todo a Carlos, tan
cercano, tan agarimoso. .. e que nos fixo, unha vez máis, disfrutar do Pracer da Poesía!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario