sábado, 23 de febreiro de 2013

Bookcrossing en Fene

A Biblioteca Pública Municipal “Xosé María Pérez Parallé” comezou a celebración do Día de Rosalía poñendo en práctica a iniciativa do Bookcrossing e o IES de Fene foi un dos lugares elixidos para liberar catro títulos de literatura xuvenil: "Mareas Negras" de Rafael Lema Mouzo, "As cousas claras" de Xosé Neira Cruz, "Do outro lado do espello" de Jordi Sierra i Fabra e "Vestio" de Xosé Miranda.





Cada un dos títulos leva un pequeno apuntamento do que é o Bookcrossing, a súa historia, así como a explicación do que se debe facer con estes "Libros Libres"











A entrega dos exemplares a fixeron Sonia Iglesias (Bibliotecaria Municipal) e Almudena Marcos (Directora do Museo do Humor) o venres 22, durante a celebración do Día de Rosalía.





Esta iniciativa supón unha máis das colaboracións que entre a Biblioteca Municipal, o Museo do Humor e "O Segrel do Penedo", a Biblioteca Escolar do IES de Fene, estamos a levar a cabo nestes últimos anos. A verdade é que para nós e un verdadeiro placer traballar con estas dúas magníficas profesionais ás que dende aquí queremos facer chegar os nosos parabéns polo seu bo facer.


Ningún comentario:

Related Posts with Thumbnails