xoves, 9 de febreiro de 2012

Xornadas Innovación Educativa

Dende o pasado mes de decembro estanse a desenvolver as Xornadas de Innovación Educativa organizadas polo CFR de Ferrol con gran asistencia de profesorado.

O mes de decembro tivemos a oportunidade de escoitar a Ramón Grau Sánchez, director do Institut Nou del Poblenou en Barcelona que falou sobre "Organizacións curriculares alternativas con enfoque ás competencias"

O pasado mes de xaneiro tivemos a oportunidade de escoitar a José Antonio Cordón, director do grupo de investigación "E-Lectra" da Universidade de Salamanca, que falou de "Lectura social e lectura colaborativa. Uso das ferramentas da Web 2.o para a escrita"

E esta tarde foi Linda Castañeda, profesora do departamento de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Murcia, quen nos achegou aos PLEs ou EPAs (Entornos Persoais de Aprendizaxe) coa súa conferencia "Entornos persoais de aprendizaxe (PLE). Aprender a aprender con medios dixitais" Un PLE é un novo xeito de aprender partindo de nós mesmos e das nosas necesidades, como se integran todas as nosas experiencias para aprender nun contexto de rede.



Blog de Linda Castañeda

Para saber máis:
Que é un PLE? (Vídeo)

Los PLEs: Una nueva manera de entender el aprendizaje (Pdf)

Ver pasar las nubes (Un bo exemplo de construción de PLE, o Blog de 5º primaria)

O mércores 29 teremos a Javier Bahón Gomez, Director da Fundación Nuevas Claves Educativas que nos falará de "Intelixencias múltiples e competencias básicas"

Dende O Segrel os nosos parabéns aos encargados de organizar estas Xornadas polo extraordinario plantel de poñentes.

1 comentario:

Begoña dixo...

Desde o BlogFesquío súmome á iniciativa de valoración óptima das xornadas; tanto os contidos como os relatores están sendo moi clarificadores da finalidade da tarefa dos educadores. Levamos traballando demasiado tempo do mesmo xeito e algo, ou moito, estamos a facer mal cando os resultados non nos acompañan.
Supón un alivio ver que noutros lugares están a despertar deste longo soño que nos ten anestesiados e alonxados da realidade.
Grazas Segrel por ser escaparate desta iniciativa do CFR de Ferrol.

Related Posts with Thumbnails